domingo, 6 de abril de 2014

CONTAMOS MOITO: A QUE SABE Á LÚA

Nada mais volver das nosas vacacións de entroido pasamos pola biblioteca onde nos agardaba a profe Paloma para volver contarnos un precioso conto co que xa levabamos un tempo traballando na aula de psicomotricidade (no ximnasio). Todo infantil reuniuse para compartir lecturas e, como xa nos ten acostumado a profe Paloma, lambetadas.


Como ides ver nas fotos contamos o conto, desfrutamos coas imaxes na Pizarra dixital, quixemos facer a nosa propia torre ata a lúa (cousa que non resultou nada doada) e para rematar probamos un cachiño de lúa... a ver  a que nos sabía a cada quen!


1 comentario:

  1. ¡Xeniais estas actividades! O meu neno fainos demostracións de cada animal que aprende cando volve de clase de psicomotricidade. Para nós é toda unha aventura cada animal....

    ResponderEliminar