domingo, 20 de abril de 2014

RECEITAS DO SEGUNDO TRIMESTRE

No segundo trimestre, ademáis de traballar os temas do espacio e da Idade Media, os nenos e nenas de catro anos seguimos aprendendo co noso obradoiro mensual da receita de cociña. Coma sempre primeiro cada un escribe a receita para coñecer os ingredientes e as cantidades que imos precisar o día da elaboración. Cando poñemos en práctica a receita e encendemos os fogóns, cos ingredientes medimos, pesamos, tocamos, mesturamos… e probamos! Este é un día especial no cole para nós, no que desfrutamos cos alimentos e tamén do traballo en equipo cos compañeir@s. 

No mes de xaneiro cociñamos unhas deliciosas pizzas, cada un tiña cadansúa porción de masa e enriba fomos poñendo os ingredientes. Despois de mételas no forno todos merendamos pizza e zume. 
A receita que fixemos foi:
 - Masa 
- Salsa de tomate 
- Queixo 
- Atún 
- Cogomelos



En Febreiro elaboramos unhas filloas, xa que é un doce típico do Entroido e faltaban xa moi poucos días para celebralo. Medimos os ingredientes e  mesturámolos con moito esmero. Despois a profe fíxoas unha a unha na tixola e nós comémolas nun pis pas, e máis que houbera!, mmmmm. 
Esta é a receita para unhas riquísimas filloas:

       -3 ovos 
       -2 culleradas de azúcre
       -400ml de leite
       -1 pizca de sal         
       -100ml de auga         
       -200 de fariña



FILLOAS - Movie Maker


En marzo atrevémonos coas magdalenas. Como xa somos uns expertos en pesar e mesturar os ingredientes dámoslle moito xeito. Logo o complicado foi encher os vasiños de papel coa masa, pero con coidadiño quedou bastante ben. Para rematar unha pizca de azucre por enriba e ó forno! 
Para facer as magdalenas seguimos esta receita:
-         -4 ovos
-         -200gr de azúcre
-         -250 de leite
-         -200 de aceite
-         -350gr de fariña
       -1 sobre de fermento
  

Ningún comentario:

Publicar un comentario