Un dos momentos mais marabillosos do día na
aula de 3 anos é este da Hora de ler. Ver a 24 nenos e nenas todos apreturrados
na “biblioteca de aula” lendo e vendo os libros para si mesmos ou para os
compañeiros ou buscando un recunchiño na aula onde compartir as lecturas é un
placer para todos os que somos uns enamorados do mundo do libro. Non se
necesita nada mais para estimular o placer pola lectura que deixalos mergullarse
nos libros e ler con eles, aqui no cole e tamén na casa.
Totalmente dacordo. Penso que quen descobre o pracer da lectura atopa unha porta a outros mundos difícil de atopar por outras vías. Noraboa!
ResponderEliminar