xoves, 10 de abril de 2014

CLASE DE PSICOMOTRICIDADE

OLA, MAMÁS E PAPÁS!
Rematamos o segundo trimestre traballando o conto “A que sabe a lúa”.
Déixovos unhas fotos para que comprobedes como avanzan os vosos fillos e fillas.
Con este conto traballamo-los seguintes aspectos:
1.-Motricidade facial: Poñemos cara de pez, cara de león, mono, rato,…
2.-Coordinación de movementos: Imitamos os movementos da xirafa, da cebra, da tartaruga, de tódolos animais que saen no conto e con tódalas partes do noso corpo (mans, pes, brazos, pernas, cabeza,..)
3. Traballamos un Xogo Popular “Ratón que te pilla el gato” para saber adaptar o noso movemento ós demais e aprender a xogar en equipo.
4.-Conceptos de localización espacial: primeiro, segundo, terceiro...oitavo e último; arriba-abaixo, enriba-debaixo, lonxe-preto, entre...e tamén conceptos de cantidade moitos- poucos, un, dous, tres...e de tamaño: grande-mediano-pequeno.
5.-Motricidade fina na construcción das caretas.


Espero que vos gusten as fotos. Un saúdo para todos de Paloma.

Ningún comentario:

Publicar un comentario