Entre aventura e aventura pirata, andanzas que xa vos contaremos polo miúdo, os de 3 anos tivemos tempo de adicarnos a aprender algo sobre a orixe dalgunhas cousas coas que traballamos tódolos días. Claro que nesa tarefa non estivemos sós. Os amigos e amigos de 5º de Primaria invitáronnos a vivir con eles unha grande experiencia... facer papel. Primeiro viñeron pedirnos axuda e nós non nos fixemos de rogar; despois preparamos as planchiñas de pasta con eles e, para rematar, viñeron a ensinarnos como se estaba producindo o proceso de secado. Trouxéronnos como agasallo un corazón de papel. É que foron unhas sesións de traballo moi especiais para todos!.
¡As caras dos pequechos o din todo! ¡Menuda experiencia para eles e os maiores!
ResponderEliminar