Como xa sabedes
tódolos pais e nais, na aula de 3 anos témonos convertido en piratas. Agora queriamos contarvos un pouquiño polo miúdo todo o que nos aconteceu. Esperamos non cansarvos
moito.
E por qué volo contamos todo con tanto detalle?...para
que vexades o que non poderedes ver nas carpetas, xa que este traballo e todo o
que fixemos no obradoiro de plástica non se pode empaquetar e como moito do que facemos pode que non
chegue nunca ás casas (seguro que o rompemos todo antes de tanto xogar con
todo). Ademáis son moitas as nais e os pais que se queixan de que os nenos e
nenas non contan nada cando chegan de volta...é que a escola forma parte do noso
mundo particular - do que vivimos cos compañeiros- e gústanos telo un pouquiño en segredo!.
Se queredes sabelo todo premede aquí, senón simplemente disfrutade coas fotos que vos deixamos. Claro que fotos non hai de todo o proceso, só dalgunhas cousiñas.
¡Noraboa polo proxecto de Piratas! Pensei que nada podería superar o da Muralla China, pero vexo que cada ano é unha nova sorpresa. O meu neno conta todo na casa e cada día chegaba como se vivise unha aventura pirata de verdade. Grazas! :-)
ResponderEliminarGrazas a ti e a tódolos pais pola vosa colaboración. Sen o voso apoio e a motivación que tamén lle dades aos nenos, este traballo non sería posible. Grazas tamén a ti María por facer ver con tanta rapidez que estades ahí agardando que atopemos un oquiño na nosa vida diaria para darvos un "empacho" de posts cos que poidades ter "a outra versión" do que vivimos na aula.
Eliminar:-) Un pracer!!
ResponderEliminar