¡Ola, Mamás e Papás!
Como os nenos e nenas de 5 anos estaban a traballar, neste trimestre, nun proxecto adicado ao ARTE, pareceume unha boa idea traballar tamén, na clase de “Psico”, o devandito proxecto. Polo tanto adicámoslle varias sesións a KEITH HARING: artista e activista social neoyorkino que reflexou no seu traballo o espíritu da xeneración pop e a cultura da rúa dos anos 1980.
Traballamos o noso corpo a través dos seus “Grafitis” e con el descobrimos as articulacións do Corpo e como moitas posturas son moi difíciles de facer.
• Imitamos os diversos movementos e posturas do corpo.
• Coordinamos os movementos duns cos doutros.
• Representamos co noso corpo algunhas das súas obras, e
• Plasmamos o resultado do traballo nun bonito mural, expresando toda a nosa creatividade e ampliando o noso coñecemento.
A todos os nenos e nenas gustoulles moito a devandita experiencia. Aquí vos deixo unhas fotos para que disfrutedes do proxecto e do artista.
Un saúdo : Paloma.
Moi interesante, Paloma!
ResponderEliminarNoraboa por todo o que te preocupas e polos resultados!
Bo verán!