venres, 2 de maio de 2014

OS PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORAS PRESÉNTANSE

A segunda nova emocionante daquela mañá  foi a presentación dos padriños e madriñas lectoras. Este ano a biblioteca organizou esta bonita actividade para celebrar o Día do libro. Nesta actividade  os nenos maiores ían compartir con nós durante un chisquiño a lectura de distintos contos Para que todo saira ben os padriños, nenos e nenas de 4º de Primaria, quixeron coñecernos para que non estivesemos asustados e desfrutaramos da lectura. Dito e feito, ainda non nos repuxeramos da sorpresa do conto da fada Marina cando de súpeto apareceron estes mangallóns na clase. Algúns puxemos cara de susto, pero despois de coñecelos agardamos con impaciencia que chegara o 23 de abril, o Dia do Libro.





1 comentario:

  1. Unha iniciativa fantástica, dende logo. Convertir o Día do Libro nunha xornada especial fai que os nenos vexan os libros como algo especial. Encantounos!

    ResponderEliminar