venres, 2 de maio de 2014

UNHA NOVA XERACIÓN VAI DESFRUTAR DA EXPERIENCIA DOS VERMES.

Un ano mais imos desfrutar nas nosas aulas da experiencia de ver nacer e medrar os vermes de seda. Este ano vai ser especial, porque dí a profe que  poderemos comparar este proceso co que sabemos do ciclo das xoaniñas.
Para nós, que o noso primeiro ano no cole, esta é a primeira vez. Para os nenos de 4 anos,  a quen os compis do ano pasado - os que están  agora en primeiro- regaláronlles ovos (e souberon conservalos) vai ser revivir o que  xa viviron...pero eran tan pequeniños! . Non sei se lembraran algo...
Cando a profe apareceu cos oviños, recen sacados da neveira antes das vacacións de Semana Santa, pareceunos mentira que dalí poidera sair algo. Ela díxonos que os vermiños levaban alí dentro dende principios de verán, antes de que nós chegasemos á escola.
Ao mesmo tempo a profe Paloma trouxo unha caixiña cuns vermiños que xa naceran na súa casa...que sorte  a ela tamén lle gustan moito!. Daquela puidemos ir comprobando que ó mellor era verdade o que dicía Pilar.
Cando volvemos das vacacións os vermiños xa saíran...eran uns puntiños tan pequechos que case non nos mirabamos, ainda que tiñamos unha boa lupa;...pero, sí moviánse!. Agora dámoslles de comer tódolos días e imos vendo como medran pouco a pouco.
Xa vos iremos contando.











1 comentario:

  1. Está claro que os vermes son parte da nosa familia: primeriro a maior e agora o pequeno... Ó final voulles coller cariño ós bichiños eses ¡Véxome con vermes na casa!

    ResponderEliminar