Uns poucos días despois fomos ao Castelo de Soutomaior. Logo de baixar do autobús tivemos que subir por escaleiras e camiños de pedraxa que o Castelo está no alto, pero o fixemos moi ben e gustounos moito o camiño cheo de camelios, que fermoso estaba !. Para ir ao interior do Castelo cruzamos a ponte levadiza e xa dentro recorremos as diferentes estancias. Despois todos merendamos no xardín debaixo da Torre do Homenaxe. Ao rematar, coa barriguiña chea, paseamos polos xardíns e... atopamos unha mensaxe!!!. No misterioso papel poñía que o Rei Pedro nombrábanos cabaleiros do Castelo nin máis nin menos.
xoves, 24 de abril de 2014
SAIDAS
No mes de marzo os
nenos e nenas de catro anos fixemos dúas
saídas, e é que xa tiñamos moitas ganas de ir de excursión cos amigos. Houbo
algunha que outra complicación pero ao
final valeron moito a pena cada unha delas.
Primeiro fomos ao
MARCO (Museo de Arte Contemporáneo), alí dúas monitoras mostráronnos obras de
diferentes artistas e contáronnos pequenas e sorprendentes historias sobre cada unha. Observamos,
tocamos, sentimos, xogamos, expresámonos…
desfrutamos moito coa maxia agochada en cada obra, ir ao museo é divertidísimo!!!
Uns poucos días despois fomos ao Castelo de Soutomaior. Logo de baixar do autobús tivemos que subir por escaleiras e camiños de pedraxa que o Castelo está no alto, pero o fixemos moi ben e gustounos moito o camiño cheo de camelios, que fermoso estaba !. Para ir ao interior do Castelo cruzamos a ponte levadiza e xa dentro recorremos as diferentes estancias. Despois todos merendamos no xardín debaixo da Torre do Homenaxe. Ao rematar, coa barriguiña chea, paseamos polos xardíns e... atopamos unha mensaxe!!!. No misterioso papel poñía que o Rei Pedro nombrábanos cabaleiros do Castelo nin máis nin menos.
Uns poucos días despois fomos ao Castelo de Soutomaior. Logo de baixar do autobús tivemos que subir por escaleiras e camiños de pedraxa que o Castelo está no alto, pero o fixemos moi ben e gustounos moito o camiño cheo de camelios, que fermoso estaba !. Para ir ao interior do Castelo cruzamos a ponte levadiza e xa dentro recorremos as diferentes estancias. Despois todos merendamos no xardín debaixo da Torre do Homenaxe. Ao rematar, coa barriguiña chea, paseamos polos xardíns e... atopamos unha mensaxe!!!. No misterioso papel poñía que o Rei Pedro nombrábanos cabaleiros do Castelo nin máis nin menos.
domingo, 20 de abril de 2014
RECEITAS DO SEGUNDO TRIMESTRE
No segundo trimestre, ademáis de traballar os temas do espacio e da Idade Media, os nenos e nenas de catro anos seguimos aprendendo co noso obradoiro mensual da receita de cociña. Coma sempre primeiro cada un escribe a receita para coñecer os ingredientes e as cantidades que imos precisar o día da elaboración. Cando poñemos en práctica a receita e encendemos os fogóns, cos ingredientes medimos, pesamos, tocamos, mesturamos… e probamos! Este é un día especial no cole para nós, no que desfrutamos cos alimentos e tamén do traballo en equipo cos compañeir@s.
No mes de xaneiro cociñamos unhas deliciosas pizzas, cada un tiña cadansúa porción de masa e enriba fomos poñendo os ingredientes. Despois de mételas no forno todos merendamos pizza e zume.
A receita que fixemos foi:
- Masa
- Salsa de tomate
- Queixo
- Atún
- Cogomelos
-2 culleradas de azúcre
-400ml de leite
-1 pizca de sal
-100ml de auga
-200 de fariña
FILLOAS - Movie Maker

En
Febreiro elaboramos unhas filloas, xa que é un doce típico do Entroido e
faltaban xa moi poucos días para celebralo. Medimos os ingredientes e mesturámolos con moito esmero. Despois
a profe fíxoas unha a unha na tixola e nós comémolas nun pis pas, e máis que
houbera!, mmmmm.
Esta é a receita para unhas riquísimas filloas:
-3 ovos -2 culleradas de azúcre
-400ml de leite
-1 pizca de sal
-100ml de auga
-200 de fariña
FILLOAS - Movie Maker
En
marzo atrevémonos coas magdalenas. Como xa somos uns expertos en pesar e mesturar
os ingredientes dámoslle moito xeito. Logo o complicado foi encher os vasiños de
papel coa masa, pero con coidadiño quedou bastante ben. Para rematar unha pizca de azucre por enriba e
ó forno!
Para facer as magdalenas seguimos esta receita:
- -4 ovos
- -200gr de azúcre
- -250 de leite
- -350gr de fariña
-1 sobre de fermentoxoves, 10 de abril de 2014
CLASE DE PSICOMOTRICIDADE
OLA, MAMÁS
E PAPÁS!
Rematamos o
segundo trimestre traballando o conto “A que sabe a lúa”.
Déixovos
unhas fotos para que comprobedes como avanzan os vosos fillos e fillas.
Con este conto
traballamo-los seguintes aspectos:
1.-Motricidade facial: Poñemos cara de pez, cara de león, mono, rato,…
2.-Coordinación de movementos: Imitamos os
movementos da xirafa, da cebra, da tartaruga, de tódolos animais que saen no
conto e con tódalas partes do noso corpo (mans, pes, brazos, pernas, cabeza,..)
3.
Traballamos un Xogo Popular “Ratón
que te pilla el gato” para saber adaptar o noso movemento ós demais e aprender
a xogar en equipo.
4.-Conceptos de localización espacial:
primeiro, segundo, terceiro...oitavo e último; arriba-abaixo, enriba-debaixo,
lonxe-preto, entre...e tamén conceptos
de cantidade moitos- poucos, un, dous, tres...e de tamaño:
grande-mediano-pequeno.
5.-Motricidade fina na construcción das
caretas.
Espero que vos gusten as
fotos. Un saúdo para todos de Paloma.
domingo, 6 de abril de 2014
O SEGUNDO TRIMESTRE NA AULA DE 4 ANOS
Na aula de catro anos durante o segundo trimestre desfrutamos moito traballando sobre dous temas interesantísimos :
O ESPACIO – fixemos un cohete espacial cunha caixa de cartón na que cabíamos dentro e pintámola de cores. Tamén montamos un mural enorme do sistema solar cos seus planetas, a lúa, o sol e estrelas que pintamos con pintura máxica que brila na escuridade. Canto nos gustou mirar no teito da nosa clase alumear as estreliñas!
A IDADE MEDIA –
Despois da visita ao Castelo de Soutomaior na que o Rei Pedro nombrounos cabaleiros reais, convertemos a parede do corredor e a porta da nosa clase nun auténtico Castelo, con muralla e dragón, xa que en frente nosa temos uns temibles piratas! Logo cada un deseñou o seu propio escudo e quedaron estupendos coas cores e os debuxos. Podedes ver nas fotos canto traballamos e o ben que o pasamos.

HORA DE LER
Un dos momentos mais marabillosos do día na
aula de 3 anos é este da Hora de ler. Ver a 24 nenos e nenas todos apreturrados
na “biblioteca de aula” lendo e vendo os libros para si mesmos ou para os
compañeiros ou buscando un recunchiño na aula onde compartir as lecturas é un
placer para todos os que somos uns enamorados do mundo do libro. Non se
necesita nada mais para estimular o placer pola lectura que deixalos mergullarse
nos libros e ler con eles, aqui no cole e tamén na casa.
SEMANA DA PRENSA
Os de 3 anos tamén pasamos pola mesa da semana
da prensa para ver como eran os xornais que alí había e tamén estivemos na aula
vendo o FARO DE VIGO. Ata pensamos facer un FARO PIRATA para poñer alí algunhas
novas piratas naquel intre no que estabamos a comezar o noso proxecto pirata,
pero como somos os pequenos e mudamos moito de opinión deixamos pasar esa idea
e concentrámonos en facer cousas para o noso mundo pirata que como é de
imaxinar apetecíanos mais. Xa teremos tempo de “traballar cousas de maiores”.
Eso sí non deixamos pasar a ocasión de colaborar cos nosos compañeiros do cole
e ofrecémonos a facer nós o cartel de presentación da Semana da Prensa.
Velahí o tedes
CONTAMOS MOITO: A QUE SABE Á LÚA
Nada mais volver das nosas vacacións de
entroido pasamos pola biblioteca onde nos agardaba a profe Paloma para volver
contarnos un precioso conto co que xa levabamos un tempo traballando na aula de
psicomotricidade (no ximnasio). Todo infantil reuniuse para compartir lecturas
e, como xa nos ten acostumado a profe Paloma, lambetadas.
Como ides ver nas fotos contamos o conto,
desfrutamos coas imaxes na Pizarra dixital, quixemos facer a nosa propia torre
ata a lúa (cousa que non resultou nada doada) e para rematar probamos un
cachiño de lúa... a ver a que nos sabía
a cada quen!
DA SEMANA DA TROULA AO ENTROIDO
Canto tempo pasou dende a nosa última entrada! Se xa se nos acabou este segundo trimestre! É que, con tanto rapaciño querendo falar e aprender unha chea de cousas, non damos feito e non temos case tempo de facer fotos e tampouco de colgalas. Imos ver se somos quen de poñernos un pouco ao día.
Nos meses de febreiro e marzo, mes que vimos
de rematar estivemos moi atarefados ainda que no blog non se reflectira tanta
actividade. Imos tratar nun repasiño rápido de ensinarvo-las cousas que
fixemos...bueno só das que temos fotos.
Comezamos coa Semana da Troula na que como ben
sabedes disfrazámonos ao longo da semana coas cousas que trouxemos da casa. (Lembrade
sempre que cando vos pedimos algo para traer a aula, non tedes que mercar nada!)
Na aula apurabamos eses días o tempo para ter
listo o noso disfraz de xoaniña. Como desfrutamos con este proxecto e cantas
cousas aprendemos das xoaniñas e o seu papel na natureza!. A folla de verza que
levabamos ten que ver co Proxecto Documental Integrado de “Cultivos tradicionais
na horta familiar”. Este é o vindeiro traballo no que nos imos meter ao tempo
que seguimos xogando a ser piratas. Pero deso xa falaremos mais adiante...
As fotos do entroido están todas no outro
blogue do cole Fonte dos Frades así que non as imos poñer aquí outra vez.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)