domingo, 28 de abril de 2013

O LIBRO VIAXEIRO

Erase unha vez cando o curso ainda estaba dando os seus primeiros pasos un cole que decidiu inventar un conto entre todos e ademais facelo a un tempo en galego e en inglés. 
A historia empezou a medrar cos mais pequenos do cole e foi pasando de aula en aula e volvendo sempre á  aula de inglés ata que se fixo tan grande que houbo que porlle fin. Daquela xa estabamos chegando ao 23 de abril, Día Mundial do Libro así que a envolvimos nun bonito formato, feito por cada quen de nós, gravamos a historia coas nosas propias voces e convertímola en vídeo. Despois,  deixámola  na entrada do cole e no blog  para que todos poidades disfrutar dela. Antes marchamos todos á biblioteca para poder ver xuntos o resultado.






Ah esquecíame o conto chámase...
A FOLLA VIAXEIRA

CELEBRAMOS O DIA DO LIBRO CONFECCIONANDO UN GRAN MURAL

Vimos de confeccionar entre todos os cursos de infantil un gran mural que xa podedes disfrutar no corredor da planta baixa. Non é un mural calquera. Ten un enorme traballo detrás que comezou hai algún tempo coa lectura na biblioteca do conto "A casa da mosca chosca". Como todos sabedes este conto entusiasmounos e dende aquela non fixemos mais que falar e falar del nas aulas, xogar cos personaxes, debuxalos e disfrutalos ata que nos decidimos a facer un exercicio de imaxinación... As profes propuxéronnos inventar un final diferente para o conto. Puxémonos mans a obra e velaiqui o tedes. Conseguimos facer non só un final diferente, senon  catro!!...que digo catro!. Tamén cada personaxe do conto quixo pensar o final que mais lle gustaría; porque estaba claro que ninguén queria quedar sen tarta...Foi así? Ollade no noso corredor porque nas fotos é un pouco dificil.

SEMANA DO LIBRO

Na clase de 5 anos ademais de confeccionar o mural conxunto cos outros compis de infantil co gallo da celebración do Día Mundial do libro,  estamos a vivir unha experiencia moi especial. Os nosos compis de 2º de Primaria están a lernos os contos que fixeron na aula. Convertironse en escritores e ilustradores das súas propias historias e agoriña en lectores e animadores da lectura. É algo que imos desfrutar unha boa tempada porque son moitos e ninguén quere perder esta oportunidade que lles brindamos como "escoitadores" e partícipes da súa creatividade e é algo que lembraremos todos durante moito tempo.
Comezamos a poñer aquí as primeiras fotos do acontecemento pero sabede que non serán as últimas.
 

OS VERMES MEDRAN

Quen dubidou se con tanto frío e chuvia co que se iniciou a primavera os vermiños non quererían sair do ovo, trabucouse; porque o ciclo da vida está en marcha e os vermes xa empezan pequechiños como son a rilar e a medrar. Ainda que vós non o vexades ben, nós xa lle notamos diferencia. Claro, este ano xa temos mais experiencia!.

POR FIN, TERRI ESTÁ DE VOLTA!

Tan emocionados estamos nestes últimos tempos que se nos esqueceu darvos a boa nova. Hai dúas semanas cando estabamos falando, como tódalas mañás, descubrimos agochada unha caixa que nos pareceu familiar. Tivemos un momento de dúbida atá que algún compañeiro mais espilido berrou: "Terri, Terri! É a caixa que lle mandamos a China!" e daquela o barullo foi xeneral. Que emoción! Non dabamos aberto a caixa. Menos mal que Saúl colleu unha tixeiras... E que atopamos dentro? Sí, as tan agardadas sementes de castiñeiro chino!. Non o dubidamos. Pedímoslle á Sol que nos axudara para conseguir terra e macetas e veña a plantar sen mais espera porque a primavera vai para diante e queremos ver as nosas arboriñas antes que remate o curso.
Claro que Sol tamén nos regalou sementes de albahaca para que nos entretivesemos mentes agardamos acontecementos.
Pero como as experiencias na nosa clase nunca chegan de unha en unha, non pasou moito tempo ata que Estela apareceu cunha nova sorpresa... laranxiñas da China! que lle deu a súa avoa para nós. Como podedes imaxinar comémolas e apresurámonos a gardar as sementes para seguir plantando. Non vos extrañedes se dentro dun tempo medran no noso patio dúas novas árbores: un castiñeiro chino e máis unha laranxeira da China.

A PRIMAVERA. FLORES E VERMES

Coa chegada da primavera os de 3 anos decidiron plantar unhas flores, pero... que necesitamos? 
Como xa tiñan algunha idea dixeron: “sementes, terra, auga”. Ademais, a profe pensou que facer unha maceta tamén era preciso. Gardamos os vasos de iogur que viñan para as merendas e, cando xa tivemos suficientes,  cada neno e nena diseñou a súa maceta con papeis de cores. Quedaron chulísimas!. Despois tocaba enchelas de terra, poñer as sementes de pensamentos e petunias e un pouquichiño de auga. Temos que lembrarnos de regalas tódolos días; por iso, o engargado/a terá unha nova responsabilidade. Agora toca agardar con ilusión que saian.


Por outra banda, o luns ao chegar ao cole levamos unha sorpresa cando descubrimos que dos ovos de bolboreta que nos deron os nenos de 5 anos sairan VERMES DE SEDA!. Enseguidiña puxémoslles follas de moreira para que coman e medren.

martes, 9 de abril de 2013

PITIÑOS E COELLOS

Ollade que contentos recibiron os nenos de 3 anos a estes  animaliños que chegaron a súa aula por sorpresa. Nada mellor para rematar o traballo sobre a granxa. 

 
pollitos y conejos - presentacion imagenes


domingo, 7 de abril de 2013

MAIS SORPRESAS: OS OVOS SAÍRON DA NEVEIRA

Tranquilos, non saíron sós porque aínda non teñen patas. Lembrades os nosos vermes de seda que tivemos na clase de 4 anos. As bolboretas puxeran ovos e a profe gardounos todo o inverno para que puidesemos ve-los eclosionar cando estiveramos na clase de 5. Por fin chegou a primavera e a nosa moreira empeza a sacar follas, asi que chegou o momento.
Que sorte tivemos!  Coas présas e para non estragar ningún ovo a profe tamén metera na neveira algunhas bolboretas secas e os capullos que fixeran os vermes. Daquela o venres adicámonos a lembrar aquela experiencia que con moita ledicia estamos dispostos a repetir.
Ah, pero agora quixemos compartir uns poucos ovos cos amigos da clase de 3 que tamén se puxeron moi contentos.
Ollade!
 

AUGA PARA TERRI

Tamén antes das vacacións Terri mandounos unha nota pidindonos que nos espiliramos xa, que a primavera estába chegando e as sementes tiñan que ser plantadas.
Dito e feito. Ao día seguinte de ler a nota de Terri, Estela  trouxo un termo con auga quente, -como xa fixera Silvia aquel día que andabamos a matinar como conseguir que non se lle enfriara a auga na viaxe de volta-. O certo foi que deixamos a auga no termo un día para face-la comprobación e descubrimos que  se enfriaba de contado. Como non podíamos usar a enerxía solar porque non deixaba de chover, decidimos volver meter auga quente no termo e pedirlle a Tica que levara o noso paquete coa súa maxia o mais rápido posible atá China (porque xa se sabe que nos avións non deixan levar moitos liquidos). 
Preparamos todo Estela quentou a auga, Lucía trouxo outro termo por se non chegaba con un, puxemos periodico na caixa para que os termos estiveran mais quentes e pechamos todo poñendo no paquete ben claro URXENTE TERRI  MURALLA CHINA PETÍN (bueno é que se trabucaron ao querer poñer Pekín) e o deixamos alí xunto con tódalas nosas mensaxes para Tica e Terri.



TERRI AUGA - foto montaje

Agora que xa volvemos das vacacións atopamos unha carta de Terri na que di que todo chegou perfectamente e que enseguidiña virá de volta coas nosas sementes de castiñeiro chino. Bravo por Terri ! ,pero que non esqueza devolvernos os nosos termos.

A VACA QUE ÍA CONTAR UN CONTO

 
Hai tempo, antes das vacacións trouxéronnos un cartel á clase no que unha linda vaca dicía:  "Iago. Contacontos 4 de abril ás 11´45" 

Como é normal estivemos pensando en que significaría todo aquilo e enseguidiña puxémonos de acordo...Aquela vaca que se chamaba Iago íanos contar un conto ese día e a esa hora. 
Foron moitas veces ás que lle preguntamos á profe:
... E hoxe o día da vaca? 
Ata que xusto o 4 de Abril foi ela quen dixo:
... Hoxe é o dia da Vaca. Bulide que nos agarda na biblioteca!.
Cando chegamos alí descubrimos Oooh! que era un rapaz o que ía contar o conto, pero siii! a vaca era a protagonista.
Divertímonos a eito porque Iago resulto ser un boísimo contacontos e fíxonos pasar un tempo estupendo.
Ah, "Linda a espreita" chamábase o conto.




HORTO 3 ANOS

Mentres estabamos aprendendo moitas cousas da vida na granxa, un bo día de sol fomos ao horto do cole a plantar sementes de herbillas que eran rosas.
Para plantar puxemos con coidado a semente no caminiño, botámoslle un pouco de terra enriba e para rematar regamos con auga. Aproveitando a ocasión tamén plantamos un pequeno membrilleiro.
Agora toca esperar!


A GRANXA DOS DE 3 ANOS

Nas últimas semanas os nenos de 3 anos convertíronse en granxeiros e granxeiras e descubriron que nunha granxa hai unha morea de cousas que facer na horta e coidando os animais. 
Entre todos fixeron un mural xigante para que colleran tódolos recortes. Que chulo!
Tamén foi xenial a sorpresa que trouxo Adriana de parte do seu avó: un gran feixe de plumas de distintas aves! Observámolas, compartímolas, tocámolas e tamen xogamos con elas a facer cóxegas.