mércores, 28 de maio de 2014

ACTIVIDADE FINAL DO PROXECTO PIRATA: A BUSCA DO TESOURO

Nós sempre imos un pouco retrasadiños contando as cousas. E agora que xa somos exploradores estas lerias piratas quédannos un pouco lonxanas. Pero non queremos deixarvos sen a guinda do pastel e aquí vos deixamos as fotos  da busca do tesouro  que por fin despois de moitos días de chuvia puidemos facer no patio. Algun seica pensou que non íamos atopar nadiña, pero...que sorpresa levamos todos. Claro que co mapa que levabamos...Mirádenos como desfrutamos das xoias, coma se fosemos piratas de verdade!. Ah e que ben seguimos as pistas! Tanto nos gustou que quixemos seguir as pistas ao revés para poder volver á clase e enseguidiña fomos contarlle todo os compis de 4 anos.


OS DE 4 ANOS FAN TARTA DE QUEIXO

Despois dunhas cantas receitas que xa levamos preparadas nótase que estes nenos e nenas de catro anos manéxanse  na nosa particular cociña coma uns pequenos expertos. Desta vez atrevéronse cunha torta de queixo que despois de pasar o traballo de facela deron boa conta dela. Así de ben o fixeron, mirade….



TORTA DE QUEIXO:
-          1 QUEIXO CREMOSO
-          1 IOGURT NATURAL
-          4 OVOS
-          100 GR DE FARIÑA
-          200 GR DE AZUCRE
-          150 GR DE LEITE
-          200 ML DE NATA LÍQUIDA


-          MEDIO SOBRE DE FERMENTO

sábado, 3 de maio de 2014

MENUDO CUMPLEANOS!

Hai nenos que teñen moita sorte e iso foi o que lle pasou a Roi  este mércores pasado. Quen lle ía dicir a el que precisamente o día do seu cumpleanos era o día escollido para o "Torneo piratas vs cabaleiros". Coa gaña que el tiña de loitar! 
Ademais recibiu un agasallo moi especial da doutora xoguetes...a mesma que arranxara a Mica!
 A primeira hora da mañá fixemos os últimos preparativos  na nosa cova: as bolas de canón que teríamos que disparar contra o castelo dos cabaleiros. Tiñamos bandeira, tiñamos espadas, tiñamos bolas ...ainda que teriamos que disparalas coa man porque non había canóns ¿cousas dos recortes?
Todo o mundo sabe que os piratas non participan en torneos, pero nós somos uns piratas moi especiais que quixemos compartir este xogo cos nosos "amienemigos". Como eles non tiñan espadas, prestámoslles as nosas; e eles prestaronnos os seus cabalos. 
As 12´30, a hora acordada, fitámonos uns aos outros no campo de xogo. (o ximnasio). O torneo tiña varias probas e coido que o final quedamos mais ou menos empatados, pero o mellor é que o pasamos en grande.
Primeiro fixemos unha carreira  a ver quen chegaba antes a coller a bandeira pirata. Ali  gañáronnos os cabaleiros e algúns piratas houberon de repetir o percorrido porque facían trampa.
Despois, loitamos valentemente coas nosas espadas en grupiños de 6. Coido que houbo empate porque os cabaleiros se defenderon moi ben.
A terceira proba foi "roubarlle o pano as princesas e principes". Os cabaleiros tiñan que nos perseguir e recuperar o pano, pero nós corremos moito e resistimos ata o final.
A última proba  foi "o asalto ao castelo" coas bolas de canón. Os cabaleiros devolvíannos tódalas bolas, tirándoas sobre o noso barco; pero esta proba sí que a gañamos porque ó final había mais bolas no seu castelo. (Claro que moitos piratas seguían tirando bolas cando o tempo xa estaba parado. Nótase que aprenderon moi ben cómo se comporta un pirata) 


venres, 2 de maio de 2014

CLASE DE PSICOMOTRICIDADE

¡Ola, Mamás e Papás! 
 Como os nenos e nenas de 5 anos estaban a traballar, neste trimestre, nun proxecto adicado ao ARTE, pareceume unha boa idea traballar tamén, na clase de “Psico”, o devandito proxecto. Polo tanto adicámoslle varias sesións a KEITH HARING: artista e activista social neoyorkino que reflexou no seu traballo o espíritu da xeneración pop e a cultura da rúa dos anos 1980. Traballamos o noso corpo a través dos seus “Grafitis” e con el descobrimos as articulacións do Corpo e como moitas posturas son moi difíciles de facer.
 • Imitamos os diversos movementos e posturas do corpo. 
• Coordinamos os movementos duns cos doutros.
 • Representamos co noso corpo algunhas das súas obras, e 
• Plasmamos o resultado do traballo nun bonito mural, expresando toda a nosa creatividade e ampliando o noso coñecemento. A todos os nenos e nenas gustoulles moito a devandita experiencia. Aquí vos deixo unhas fotos para que disfrutedes do proxecto e do artista. 
 Un saúdo : Paloma.

PIPAS DE CABAZA. SEGUEMOS A VER OS PROCESOS DO MUNDO NATURAL

Xa vos comentei que antes das vacacións o ritmo de actividade foi frenético, así que ainda nos queda por contar que aproveitamos a plantar nunhas macetas (porque a horta estaba enchoupada ) as sementes de cabaza que separaramos e deixaramos secar no Samaín. Naquel momento non prestáramos moita atención o que facíamos porque eramos moi pequenos e agora case tampouco. A profe ocurríraselle levar ao patio tódolos trastos para plantar e... caramba como íamos estar quietos co areeiro e os columpios tan preto! ...había tan pouquiñas ocasións de ir xogar fora! Todo mudou cando volvemos das vacacións e a nosa sorpresa foi que tamén naceran aquelas plantiñas. Agora tamén observamos e regamos tódolos días. Menos mal que é tarefa do "axudante" porque senon pobres cabaciñas!
Faltan fotos que quedaron no cole pero ide mirando estas...



UNHA NOVA XERACIÓN VAI DESFRUTAR DA EXPERIENCIA DOS VERMES.

Un ano mais imos desfrutar nas nosas aulas da experiencia de ver nacer e medrar os vermes de seda. Este ano vai ser especial, porque dí a profe que  poderemos comparar este proceso co que sabemos do ciclo das xoaniñas.
Para nós, que o noso primeiro ano no cole, esta é a primeira vez. Para os nenos de 4 anos,  a quen os compis do ano pasado - os que están  agora en primeiro- regaláronlles ovos (e souberon conservalos) vai ser revivir o que  xa viviron...pero eran tan pequeniños! . Non sei se lembraran algo...
Cando a profe apareceu cos oviños, recen sacados da neveira antes das vacacións de Semana Santa, pareceunos mentira que dalí poidera sair algo. Ela díxonos que os vermiños levaban alí dentro dende principios de verán, antes de que nós chegasemos á escola.
Ao mesmo tempo a profe Paloma trouxo unha caixiña cuns vermiños que xa naceran na súa casa...que sorte  a ela tamén lle gustan moito!. Daquela puidemos ir comprobando que ó mellor era verdade o que dicía Pilar.
Cando volvemos das vacacións os vermiños xa saíran...eran uns puntiños tan pequechos que case non nos mirabamos, ainda que tiñamos unha boa lupa;...pero, sí moviánse!. Agora dámoslles de comer tódolos días e imos vendo como medran pouco a pouco.
Xa vos iremos contando.











UNHA DE PIRATAS: UN PROXECTO SEN LIBROS E VIVIDO. .

Como xa sabedes tódolos pais e nais, na aula de 3 anos témonos convertido en piratas. Agora queriamos  contarvos un pouquiño polo miúdo todo o que nos aconteceu. Esperamos non cansarvos moito.
  E por qué volo contamos todo con tanto detalle?...para que vexades o que non poderedes ver nas carpetas, xa que este traballo e todo o que fixemos no obradoiro de plástica non se pode empaquetar e como moito do que facemos pode que non chegue nunca ás casas (seguro que o rompemos todo antes de tanto xogar con todo). Ademáis son moitas as nais e os pais que se queixan de que os nenos e nenas non contan nada cando chegan de volta...é que a escola forma parte do noso mundo particular - do que vivimos cos compañeiros- e  gústanos telo un pouquiño en segredo!.
Se queredes sabelo todo premede aquí, senón simplemente disfrutade coas fotos que vos deixamos. Claro que fotos non hai de todo o proceso, só dalgunhas cousiñas.

23 DE ABRIL. O PLACER DE LERMOS XUNTOS

Por fin chegou o día. Os padriños e madriñas viñeron buscarnos, fóronnos chamando polos nosos nomes e leváronnos con eles. A idea era buscar un recunchiño no cole ao aire libre e desfrutar da lectura ó tempo que nos sentabamos na herba ou nalgún outro agocho. Pero tanta chuvia está interrompendo moitas das experiencias que estamos desexando ter esta primavera e tivemos que buscar refuxio no ximnasio. Non importou...o caso era compartir e gozar cos libros e cos novos amigos!.
Se queredes ver as fotos do resto do cole ide a fonte dos frades ou  a  a guieira


OS PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORAS PRESÉNTANSE

A segunda nova emocionante daquela mañá  foi a presentación dos padriños e madriñas lectoras. Este ano a biblioteca organizou esta bonita actividade para celebrar o Día do libro. Nesta actividade  os nenos maiores ían compartir con nós durante un chisquiño a lectura de distintos contos Para que todo saira ben os padriños, nenos e nenas de 4º de Primaria, quixeron coñecernos para que non estivesemos asustados e desfrutaramos da lectura. Dito e feito, ainda non nos repuxeramos da sorpresa do conto da fada Marina cando de súpeto apareceron estes mangallóns na clase. Algúns puxemos cara de susto, pero despois de coñecelos agardamos con impaciencia que chegara o 23 de abril, o Dia do Libro.





xoves, 1 de maio de 2014

COÑECEMOS Á FADA MARIÑA

Antes das vacacións de Semana Santa (uf, que retraso levamos ao contarvos tódalas novas do cole!) tivemos varias experiencias intensas. As profes querían que quedaramos con gañas de volver pronto ao cole e por iso agardábannos moitas novidades todas na mesma mañá antes de marchar.
Para empezar coñecimos á fada Mariña. Mariña porque así era o seu nome e ademais porque nos viña contar un conto do mar. A editorial SM organizou este contacontos para nós...o día do libro achegábase e todo o mundo sabe que a nós, gustánnos moito os contos. Debemos parecerlle moi travesos porque nos foi chamando de pouquiños en pouquiños para que non se deixara de escoitar o rumor do mar mentras ía recitando aquela historia coa súa doce voz.
Aqui só temos as fotos de 3 e 4 anos porque na seguinte sesión a fotógrafa xa non estaba.


FACENDO PAPEL RECICLADO

Entre aventura e aventura pirata, andanzas que xa vos contaremos polo miúdo, os de 3 anos tivemos tempo de adicarnos a aprender  algo sobre a orixe dalgunhas cousas coas que traballamos tódolos días. Claro que nesa tarefa non estivemos sós. Os amigos e amigos de 5º de Primaria invitáronnos a vivir con eles unha grande experiencia... facer papel. Primeiro viñeron pedirnos axuda e nós non nos fixemos de rogar; despois preparamos as planchiñas de pasta con eles e, para rematar, viñeron a ensinarnos como se estaba producindo o proceso de secado. Trouxéronnos como agasallo un corazón de papel. É que foron unhas sesións de traballo moi especiais para todos!.