Ainda que non o pareza este trimestre traballamos arreo e ademáis levabamos varios temas á vez. Non sei se nalgún intre nos fixemos un pouco de barullo.
Démoslle a todo...os arrolos da paz, o entroido, os romanos, os poemas de rosalía, o faro de fisterra. Polas mañás a nosa rolda de diálogo era un rebumbio onde cadaquen tocaba un tema distinto e ademáis aínda tiñamos moito que contar das nosas cousas. Tanto que algúns días houbo que suspender o faladoiro para poder facer o traballo das mesas.
Ao mesmo tempo seguimos a traballar matemáticas xogando, continuamos o noso traballo no caderno de biblioteca e avanzamos no noso coñecemento das palabras.
Tivemos moito tempo tamén de compartir cos amigos experiencias distintas ( a paz, o entroido, os recitados, os contacontos,...) como xa vos fomos contando. Deixamos aquí a crónica fotográfica do trimestre na que sempre faltan cousiñas que foi imposible fotografar e momentos memorables nos que foi mágoa non ter a cámara de video encendida.(como pasou con algunhas explicacións que nos deron os nenos sobre quen era rosalía, a súa importancia para o noso idioma, detalles da vida dos romanos ou algunhas lendas da romanización...).
Xa non poñemos esas fotos que están noutras entradas e... menos mal! porque as veces semella que facemos poucas fotos na aula e cando as xuntamos todas...mi madriña!!
Agardamos que disfrutedes casi tanto como disfrutamos nós nestas mañás de traballo e aprendizaxe, do que supoñemos que algo quedará...!
sábado, 19 de marzo de 2016
venres, 18 de marzo de 2016
REMATAMOS O TRIMESTRE COMPARTINDO UN CONTO TODOS XUNTOS
Tódolos nenos do ciclo compartimos hoxe unha interesante experiencia para despedir o trimestre. Os nosos amigos de 3º de Primaria entusiasmáronse hai tempo na preparación dun contacontos para nós. Tratábase, coma descubrimos hoxe, do conto "Fede diferente", unha fermosa busca da propia identidade (e con faros de por medio!!).
-Cantos nenos van vir? preguntaron aí atrás.
- 74?
- uff!! Imos ter que preparar moitas cousas!.
Abofé que o fixeron moi ben e desfrutamos moito con eles. Contaron o conto; planificaron actividades para antes e despois do mesmo e tiveronnos toda a mañá en vilo cos preparativos e con tódalas cousas que ían aparecendo por aí .
Primeiro, descubrimos que os corredores estaban cheos de estranos papeis; despois, unhas misteriosas pegadas negras... (seica eran de ovella), que enseguidiña averiguamos a onde levaban...á biblioteca!
Unha vez alí escoitamos o conto e participamos das preguntas e do que nos amosaron. Déronnos a todos un pequeno agasallo. Querían dicirnos que todos somos especiais, como Fede. Que non sabedes quen é Fede?. Preguntádelle aos cativos se é que non volo contaron xa.! De volta nas clases tiñan uns debuxos preparados para nós que todos coloramos con moito gusto. Con moita pena despedímonos deles e dos títeres que os acompañaban...a ver se mais adiante anímanse con outro conto!!

xoves, 17 de marzo de 2016
ASÍ FOI O TRIMESTRE ... 3 ANOS
O longo destes meses estivemos aprendendo, xogando , disfrutando , compartindo e descubrindo moitas cousas ... queremos compartilas con tod@s.
xoves, 3 de marzo de 2016
OS DE CINCO, ROSALÍA E OS DE 4º DE PRIMARIA
Coma vos comentamos na entrada anterior, os nenos de 4º de Primaria e nós, os de 5 anos, compartimos unha 2º sesión de poemas de Rosalía na biblioteca. Desta vez, os nosos amigos léronnos o poema "Adios ríos, adios fontes"e nós recitámoslle o fragmento do poema aprendido ("lugar tan fermoso"). Tamén Tiago volveu a interpretalo a ritmo de rap. Tanto lles gustou que nos pidiron un "bis" e nós, -claro que sí- , repetimos todo. Ao mesmo que o primeiro día, desfrutamos dos poemas de Rosalía e da compañía.
venres, 26 de febreiro de 2016
VAIA SEMANIÑA!!...EN 5 ANOS
Esta semana que vimos de rematar ten sido intensa en actividades diferentes ás que acostumamos.
Comezámo-lo luns cun obradoiro de igualdade organizado polo Concello. Elsa veu á nosa aula a falar connosco diso tan importante de que "todos e todas" podemos xogar "a todo" e mellor se o facemos xuntos. Ademáis contounos un contiño "Iriña a bailarina" que nos gustou moito e fixo con nós uns xoguiños. Pasámolo moi ben. Tamén aproveitamos para lle amosar todo o que nós estamos traballando e falámoslle da ultima petición dos mouchiños. Encargáronnos pescudar cousiñas sobre o Faro de Fisterra!!. E que casualidade! Elsa naceu moi pretiño de alí; daquela podemos contar con ela como fonte de información.
A semana continuóu preparando e celebrando o Día de Rosalía, que no noso caso foron dous días. Todo comezou coa invitación que atopamos unha mañá ao chegar á clase. Roi foi o encargado de lela. A petición entusiasmounos, coma sempre, e de seguida, comezamos a buscar poemas que puideramos recitar.
O 24 e o 25 de Febreiro fomos á biblioteca a desfrutar dos poemas de Rosalía cos nosos amigos.
O primeiro día os nenos de 2ºA acompañáronnos no recitado, mentres nos escoitaba un nutrido público. Ao día seguinte foron os nosos amigos de 4º de Primaria quen recitaron para nós. Nós fixemos "re-festa" e tamén lles recitamos o noso "anaquiño" do poema "Lugar tan fermoso" a ritmo poético e a ritmo de rap, ainda mellor do que o fixeramos o día anterior.
O poema xa o escoitariades nas casas. As fotos deixámolas aquí (as de 4º ainda non as temos) e.... do video non poderedes disfrutar porque a tecnoloxía xogounos unha mala pasada. Imos ver se somos quen de gravalo na aula cando esteamos mais tranquiliños porque...neste final de trimestre imos a tope co traballo dos romanos e do novo faro.

mércores, 10 de febreiro de 2016
PRIMEIRAS FOTOS DO ENTROIDO EN INFANTIL
Aínda non puidemos xuntar tódalas fotos feitas no Entroido, pero aquí vos deixamos este aperitivo, para que vaiades vendo que ben o pasamos!!. Hai máis dos nenos e nenas de 5 anos que dos de 3 e 4, pero...enseguidiña arreglamos este asunto e poñemos máis dos nosos compañeiros.
Os nenos de 5 anos antes de desfilar saímos ao corredor a mirar ben como se vestiran os nosos compañeiros de primaria. Despois nós mesmos incorporámonos ao desfile e bailamos a canción escollida canda os nenos e nenas do cole.
Xa sabedes que o tema era a Galicia costeira. Daquela nós fixemos o noso disfrace de mar con moito peixe e marisco...que non pode faltar en Galicia!. Pasamos moitos nervios nos días anteriores á festa e algún non traballou tan ben como sempre fai, pero ao cabo estabamos todos moi lucidos.
Grazas a tódolos pais e nais e... familia que puidestes acompañarnos. Encantounos poder amosarvos o noso traballo e desfrutar deses momentos de ledicia con todos vós.

xoves, 4 de febreiro de 2016
OS DE CATRO TAMÉN COMEMOS FROITA!!!
Na semana da froita os de catro
comemos moitísima froita. Algúns chegamos a comer ata tres pezas diferentes no
mesmo día.
Somentes é cousa
de insistir nelo e de animarse a probar.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)