mércores, 10 de febreiro de 2016

PRIMEIRAS FOTOS DO ENTROIDO EN INFANTIL

Aínda non puidemos xuntar tódalas fotos feitas no Entroido, pero aquí  vos deixamos este aperitivo, para que vaiades vendo que ben o pasamos!!.  Hai máis dos nenos e nenas de 5 anos que dos de 3 e 4, pero...enseguidiña arreglamos este asunto e poñemos máis dos nosos compañeiros.
Os nenos de 5 anos antes de desfilar saímos ao corredor a mirar ben como se vestiran os nosos compañeiros de primaria. Despois nós mesmos incorporámonos ao desfile e bailamos a canción escollida canda os nenos e nenas do cole.
Xa sabedes que o tema era a Galicia costeira. Daquela nós fixemos o noso disfrace de mar con moito peixe e marisco...que non pode faltar en Galicia!. Pasamos moitos nervios nos días anteriores á festa e algún non traballou tan ben como sempre fai, pero ao cabo  estabamos todos moi lucidos.
 Grazas a tódolos pais e nais e... familia que puidestes acompañarnos. Encantounos poder amosarvos o noso traballo e desfrutar deses momentos de ledicia con todos vós.


3 comentarios:

  1. Foi un disfraz xenial! Estaban fantásticos! Noraboa por todo o traballo que hai detrás deste día tan fermoso para os nenos e os pais.

    ResponderEliminar
  2. Estaban guapísimos!! E o disfraz moi orixinal!! Noraboa por o traballo!!

    ResponderEliminar
  3. Un disfraz moi chulo e moi currado, eso dixo Noa.

    ResponderEliminar