sábado, 19 de marzo de 2016

AS COUSAS DO SEGUNDO TRIMESTRE. 5 ANOS

Ainda que non o pareza este trimestre traballamos arreo e ademáis levabamos varios temas á vez. Non sei se nalgún intre nos fixemos un pouco de barullo. 
Démoslle a todo...os arrolos da paz, o entroido, os romanos, os poemas de rosalía, o faro de fisterra. Polas mañás a nosa rolda de diálogo era un rebumbio onde cadaquen tocaba un tema distinto e ademáis aínda tiñamos moito que contar das nosas cousas. Tanto que algúns días houbo que suspender o faladoiro para poder facer o traballo das mesas. 
Ao mesmo tempo seguimos a traballar matemáticas xogando, continuamos o noso traballo no caderno de biblioteca e avanzamos no noso coñecemento das palabras. 
Tivemos moito tempo tamén de compartir cos amigos experiencias distintas ( a paz, o entroido, os recitados, os contacontos,...) como xa vos fomos contando. Deixamos aquí a crónica fotográfica do trimestre na que sempre faltan cousiñas que foi imposible fotografar e momentos memorables nos que foi mágoa non ter a cámara de video encendida.(como pasou con algunhas explicacións que nos deron os nenos  sobre quen era rosalía, a súa importancia para o noso idioma, detalles da vida dos romanos ou algunhas lendas da romanización...).
Xa non poñemos esas fotos que están noutras entradas e... menos mal! porque as veces semella que facemos poucas fotos na aula e cando as xuntamos todas...mi madriña!! 
Agardamos que disfrutedes casi tanto como disfrutamos nós nestas mañás de traballo e aprendizaxe, do que supoñemos que algo quedará...!



1 comentario:

  1. Estes nenos se atreven con todo! Grazas polas fotos. Todo un documento gráfico da 'punta do iceberg' de todo o que facedes día a día... Que se algo queda? Queda todo e máis!! Da gusto oir falar os nenos con ese entusiasmo e ilusión sobre algo que semella tan difícil de entender. Cada día un pedaciño do traballo de clase ven cos rapaces para a casa, e na casa queda... Saúdos!

    ResponderEliminar