Dani da aula de 3 anos envíanos unhas fotos co monstro de cores e tamén moi concentrado na tarefa de trasvases. Semella que de momento leva ben a cuarentena. A seguir desfrutando e compartindo.!
Biquiños para todos.
mércores, 18 de marzo de 2020
CHÉGANNOS XA FOTOS DAS VOSAS ACTIVIDADES
Que ben. Xa temos fotos para compartir. Para as profes que estamos aquí ó outro lado do ordenador, ainda que non nos vedes, é unha ledicia recibir cousas vosas. Xa vemos que estades consultando as nosas suxerencias. Unha vez máis decímosvos que son só suxerencias. O importante é que se vos vaia facendo máis doado o paso destes días tan aillados e lonxe de tódalas persoas que coñecemos. De certo que con todo, iremos aprendendo moito.
LUCAS DA AULA DE 4 ANOS comparte estas fotos das súas andanzas co "monstro Coronavirus". Coma eles dín con estes podemos estar tranquilos....non contaxian!. Aínda así, seguide lavando as mans ...!. Grazas e agardamos xa máis fotos.!

martes, 17 de marzo de 2020
PROPOSTAS PARA O MÉRCORES
Lembrade que todo esto que publicamos son propostas voluntarias que podedes facer se queredes.
Isto é o que se nos ocurriu...
-ELABORAR UN DIARIO DE NAVEGACIÓN
Estes días que estamos pechados na casa imos levar un diario de navegación. Non somentes van viaxar os nosos amigos Magallanes e Elcano. Nós tamén imos poñer rumbo a calquera porto que nos apeteza.
O primeiro é falar...unha viaxe é algo emocionante. Como nos sentimos agora? Seremos quen de prepararnos para a viaxe?
Imos levar un diario de navegación. Cada día deberemos:
- apuntar a fecha dese día, o nome e o número do día. Cadaquen como poida. Se non, poden apuntalo os adultos ou irmáns maiores.
-Debuxaremos como nos sentimos (podemos facelo ao principio e ao final do día, ou cando queiramos).
-Apuntaremos, debuxaremos ou faremos fotos de algo do que fixemos ese día.
As fotos podedes envialas se queredes ao correo do cole parrococamilo@gmail.com
comentando que estades facendo. Publicarémolas para que as vexamos todos. Será un xeito de sentirnos máis cerca.
-Ao final do día gardaremos todo na caixa ou no caderno.
Ademáis, farémosvos tódolos días unhas propostas que vos axuden nesta viaxe. O resto deixámolo á vosa imaxinación.
PARA EMPEZAR...
Preparamos O CADERNO OU A CAIXA (segundo o que teñades na casa). UNHA CARPETA para gardar as follas e fotos tamén valerá. Usade por exemplo unha caixa de cereais ou unha cartolina para facer as tapas do cuaderno. Se lle facemos dous buratos e un fio de lá poderemos agarrar nelas as follas que usemos. Decorar unha caixa tamén será un bó entretemento.
-CONTO: O MONSTRO DE CORES
(publicado polo cole SAgrado Corazón de Pontevedra)
Podemos escoita-lo conto ou facer que nolo conten os nenos se o coñecen.
Tedes estes debuxos para colorar
https://drive.google.com/drive/folders/1zzRdTnRNDzpeFrrb45_KopMRt0iqRwHR
-MOTRICIDADE GROSA: XOGAMOS ÁS AGACHADAS CON OBXECTOS

Trátase de escoller algúns obxectos que teñamos pola casa, acordar cales, e escondelos, unha vez agochados temos que atopalos e ir dicindo o seu nome, ou inventar un conto con eles.
Variante: xogo das agachadas coas persoas
-XOGO DOS TRASVASES
Son exercicios óculo-manuais que están presentes na vida cotiá. Consiste en traspasar sustancias, vertelas, pasalas de un recipiente a outro... favorecen tamén a motricidade fina (preparan a man para utilizar obxectos e precisan o xesto), destreza, forza, concentración, confianza en si mesmo... E indirectamente, preparan para iniciarse na lectoescritura.
Para esta actividade precisamos dous recipientes, un culler e material sólido para facer os trasvases como xudías, pompóns, garavanzos, lentellas... ¡o que se vos ocorra!. Nun dos recipientes, colocado á esquerda do neno/a, metemos o material, e o outro deixámolo baleiro para que o neno/a pase co culler os materiais ao recipiente que ten á súa dereita. É importante que os trasvases se fagan de esquerda á dereita xa que serve para prepararse para a lectoescritura.

Se tedes outros utensilios, en lugar de culleres podedes
empregalos; pinzas ou outros obxectos que nos serven para coller.

A IMPORTANCIA DAS RUTINAS
Para levar mellor estes días é importante que os nenos e nenas teñan unha rutina á que recorrer. Sería importante que escollesedes 3 ou 4 intres no día nos que se faga unha mesma actividades que acordedes...actividades de hábitos coma sempre (lavar os dentes, face-la cama, axudar na cociña,...) e actividades fixas (a hora do debuxo, a hora de xogar xuntos, a hora de ler, cadaquen coas aúas posibilidades.
O psicólogo Álvaro Bilbao dános pautas para a cuarentena nesta páxina publica un vídeo do que botar man cando se poñan pesados porque queren sair.
https://www.facebook.com/elcerebrodelnino/videos/216403256081873/

PARA ESA PERSONIÑA QUE HOXE CUMPLE 4 ANOS
Aínda que non estamos no cole, hoxe, 17 de marzo, lembrámonos do teu cumple.
Cando esteamos de volta, celebrarémolo todos xuntos e poderás dá-las catro voltas ao sol e pintar o teu cadro de cumpleanos. Imaxina hoxe que somos nós os que te cantan a canción de cumpleanos...
Shhs,... pon a orelliña! Escoitas?
Cumpleanos feliz, cumpleanos feliz,..!

luns, 16 de marzo de 2020
TAREFAS ESCOLARES NA CUARENTENA.COMEZAMOS
Boas, familias!
Dada a situación na que nos atopamos na cal non podemos seguir adiante coa rutina escolar habitual, dende o equipo de Educación Infantil imos ir colgando no blogue diferentes propostas de actividades, sempre voluntarias e coa intención de darvos ideas para estes días. Se vos animades a facelas, podedes inmortalizar os momentos con fotografías ou gardar os debuxos ou creacións que vaiades facendo para traelas e ensinalas na escola cando volvamos a comezar a rutina escolar. Por outra banda, queremos recordar que esta situación podemos aproveitala para desfrutar en familia deses momentos que na rutina da vida cotiá se nos fai complexo; conversar máis, tomarse as cousas con máis calma, cantar cancións, contar contos, xogar xuntos... Estes días tamén poden ser unha boa oportunidade para seguir traballando os hábitos de autonomía; de hixiene, de orde, de vestido, as tarefas domésticas...En definitiva, para levar a cabo as tarefas da vida práctica.
Algúns exemplos poden ser:
Vestirse e desvestirse sos (contamos con máis tempo, non hai présas)
Axudar a preparar o almorzo, a comida e a cea.
Poñer e recoller a mesa. Axudar a tender a roupa.
Axudar a facer a cama.
Colocar a roupa no armario.
Levar a roupa usada ao cesto da roupa sucia.
Axudar a poñer a lavadora.
Regar as plantas.

"Calquera axuda que non se precisa é un atranco para o desenvolvemento propio". María Montessori

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)