venres, 1 de febreiro de 2013

AUGA PARA COMPARTIR

NA SEMANA DA PAZ ESTABAMOS POUCOS PERO PUXEMOS A NOSA PINGUIÑA PARA COMPARTIR COS OUTROS NENOS DO PLANETA


xoves, 31 de xaneiro de 2013

FESTA DA PAZ 2013

O 30 de Xaneiro nós -os nenos de 3 e de 5- celebramo-lo día da paz como mellor sabemos: disfrutando e compartindo cousas cos nosos amigos. Non estaban todos; algúns estaban maliños e botámolos de menos. Outros, os de 4 anos, non puideron estar por culpa dos horarios diferentes que temos e tamén os botamos de menos. 
Nós xuntámonos para festexar, merendar xuntos, xogar xuntos, pintarnos xuntos un corazón da paz e agasallar ós amigos cuns preciosos regalos. Como todos estamos traballando algo de China que mellor que regalármonos un farolillo chino e unhas máscaras chinas. 



Ademais agora que sabemos que estás cousas son importantes nas celebracións da China mesmo podemos enseguidiña organizar outra festa mais. 
Que tal cando inauguremos a muralla que estamos a construir?






domingo, 20 de xaneiro de 2013

VOLVEMOS AO COLE E...IMONOS A CHINA

A volta das vacacións sorprendeunos  cunha "triste" nova... o noso castiñeiro do patio, - compañeiro de tantas aprendizaxes- xa non estaba. Alguén o tallara de todo. 
Non eramos quen de comprender o que sucedera ata que a profe enterouse de que estaba maliño e houbo de ser eliminado.
Pensamos en reconstruilo; daquela recollimos tódolos cachiños que quedaran no patio pensando en como íamos facer. 

Foi entón cando Terri marchou volando do noso lado e mandounos unha carta dende a China. Alí á beira da Gran Muralla seica podía atopar sementes de castiñeiro chino que semellan ser mais resistentes. 
Coma sempre fomos contarlle as boas novas ós compis de 3 anos. Que sorpresa levamos¡...Eles estaban a investigar cousas da China tamén e ían facer unha muralla en tamaño pequeno.

Como nos gusta moito compartir experiencias e aprendizaxes (e axiña ven ahí a festa da paz que nos lembra que é moi bó  axudarnos uns a outros) decidimos  facela con eles. Dito e feito; deseguida puxémonos todos xuntos a pensar. 
As fotos que vos deixamos son deste proceso de planificación. Despois pouco a pouco irémosvos ensinando como vai quedando a cousa.



martes, 15 de xaneiro de 2013

NADAL NA CLASE DE 3 ANOS

Na clase de 3 anos estiveron moi ocupados polo nadal. Ollade senon este vídeo onde poderedes ver o moito que traballaron e o ben que o fixeron.




venres, 14 de decembro de 2012

SEGUIMOS LEMBRANDO: OBRADOIRO DE IGUALDADE

A mediados de novembro participamos nun pequeño obradoiro de igualdade. Nel a monitora proxectounos un conto que falaba dunha nena moi valente. Pero como era unha nena ninguén a chamaba para axudar a protexer a súa aldea da ferocidade dun leopardo; ainda que era  a única que estaba disposta a facerlle fronte.

Despois de facernos pensar un pouco sobre algúns comportamentos que seguemos a manter nos xogos de “neno” e de ”nena” todos probamos á nosa capacidade para coidar bebes e sermos agarimosos...xa que isto dos bebés non é só cousa de nenas. Ollade que ben o fixemos!.

MAIS COUSAS PASADAS


CONTOS DUNHA CASTAÑEIRA
Vistes o mural da castañeira que puxemos no magosto no corredor. Foi unha actividade colaborativa cos nenos de 2º de Primaria. Eles inventaron os contos e pintaron a castañeira e nos puxemos o toque de outono pintando follas e as letras do título




LEMBRANDO COUSAS PASADAS

 CHIBOS CHIBÓNS

Hai algún tempo fomos con tódolos compis de infantil  a escoitar o conto de Chibos Chibóns que nos contou Auri. Despois  ela escolleu a uns cantos de nós para facer unha representación improvisada da historia. Encantounos facer de chibóns e  pegarnos no queixo a nosa chiba.

Agora levamos varios venres metidos a facer un mural entre todos que  pouquiño a pouco vai avanzando. Non só cada clase vai poñendo o seu granciño de area, senon que temos organizado uns obradoiros nos que traballamos todos xuntos,  pequenos, medianos e grandes....como fixeron os chibons para gañar ao ogro.

Por si non nos chegaba a profe Pilar  preparou un programa de ordenador para traballar cada quen na aula e todos na PDI no que  xogamos coas palabras do conto, puzzles e outras cousas interesantes.