Hai algún tempo fomos con tódolos compis de infantil a escoitar o conto de Chibos Chibóns que nos contou Auri. Despois ela escolleu a uns cantos de nós para facer unha representación improvisada da historia. Encantounos facer de chibóns e pegarnos no queixo a nosa chiba.
Agora
levamos varios venres metidos a facer un mural entre todos que pouquiño a pouco vai avanzando. Non só cada
clase vai poñendo o seu granciño de area, senon que temos organizado uns
obradoiros nos que traballamos todos xuntos,
pequenos, medianos e grandes....como fixeron os chibons para gañar ao
ogro.
Por si non nos chegaba a profe Pilar preparou un programa de ordenador para traballar cada quen na aula e todos na PDI no que xogamos coas palabras do conto, puzzles e outras cousas interesantes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario