XOGO MOTRIZ: ARRIBA PELUXE
Este xogo pode xogarse un solo ou con varios membros da familia. Se estades sos collede unha toalla ou manta pequena e un peluxe ou pelota e intentande impulsalo cara arriba e volvelo recoller. Se xogades entre varios poderedes agarra-la toalla ou manta entre os soue e mover o peluxe dunha banda cara outra. Se cae perdedes.

HOCKEY DE GLOBOS
Se tedes globos podedes facer este xogo, inflades uns poucos e intentades xogar a isto. Colledes algo que poida facer as veces de pau de hockey (un tubo de cartón, unha vasoira de xoguete) e poñedes unha alfombra, tea ou un papel de xornal que sexa o campo de xogo. Se xogades dous, un intenta sacar do campo unha cor e outro impídello. Un só xogador pode intentar levar unha cor ata un punto determinado da casa. Tamén podemos intentar levalo e metelo nunha papeleira ou nunha caixa.
BARRER POMPONS
Se non temos globos podemos xogar a barrer pompóns. Facedes unha marca no chan que será a "casa" e levades ata ali coa vasoira os pompóns dunha determinada cor. Tamén podedes tirar o dado e levar tantos pompóns como a cantidade que saia.
Todo isto podese facer ademáis con bolas de papel grandes ou pequenas.
GRAFO E XOGOS DE MESA EN FAMILIA
Precisades uns cachos de papel de cociña, uns rotuladores e un dado.
Primeiro tedes que observar o papel a ver que figuriñas ou trazos teñen marcados. Na vosa quenda tedes que pintar tantos puntiños de cores como saian no dado. Cada participante ten que ir formando unha figura ou unha liña ata completala. Gaña o que máis figuras complete ou o que acabe antes se facedes unha competición.

Cando rematedes se tedes gañas, buscade os xogos de mesa que tedes na casa para seguir xogando xuntos. Ou repetide algún dos que xa fixemos. Por exemplo, a baralla española ou o tres en raia.
CANICÓDROMO
Facer e xogar con canicas, pompóns ou
bólas de papel. Collede 6 medios tubos de papel hixiénico ou cociña. Tamén
podedes dobrar calquera outro papel (varios) para que queden coma se fosen
tubos abertos. Non fai falta que os pintedes. Pegádeos como na imaxe con
pegamento ou grampas. Poñédelle un número pegado arriba.
Outra alternativa sería facelo coas partes de
abaixo dunhas botellas nas que recortades unha porta.
Se colocades o voso canicódromo pegado á
parede, xa podedes xogar.
Podedes xogar libremente a ver quen mete
máis canicas polas portas, a ver quen as mete na porta de determinado
número ou facer varias tiradas contabilizando os puntos segundo as portas polas
que entren. Vós poñedes as normas.
FACENDO DEPORTE: gymkana de desprazamento e
coordinación
Antes de baixar a terra hai que facer un pouco de quentamento.
-Collede unhas botellas de auga ou outra cousa que podades poñer para sortear, colocádeas un pouco separadas unhas das outras e empezade a camiñar en zigzag, ide máis deprisiña, correde, pasade á pata coxa, de xeonllos, de puntiñas, de talóns, e...xa!
-Se tedes por aí os globos do hockey podedes xogar agora a aguantar un globo na cabeza sen que vos caia.
-Con dúas raquetas ou pas da praia e unha pelota brandiña ou unha bola de papel podedes xogar ao tenis.

TÚNELES E MÁIS TÚNELES
Imos xogar con túneles. O primeiro é construilos.
Se tedes unha ou varias caixas podedes montar un túnel tan longo como poidades.
Se non hai caixas haberá que coller varias cadeiras e colocalas formando o túnel. Podedes conectalas a entrada e saída dunha mesa e teredes un túnel máis divertido, aínda.
E agora, que? Entrade, saíde...facédeo tantas veces como queirades. Ide cara adiante, ide cara atrás. Intentade cruzalo o más apuradiño que poidades, ou sede lentos coma tartarugas. Camiñade de xeonllos, arrastrádevos de barriga e tamén de cú... Estamos seguros que non vos faltarán ideas para este xogo!.

CHAPAS
Collede algo co que poidades marcar duas raias no chan. Facédevos coas chapas precisas...tapóns, chapas de cervexa, ...o que teñades e que se poida lanzar cos dedos.
Carreiras de chapas.
Trazade un camiño ancho para ir levando ás
chapas dende a saída ata a meta; o dedo furabolos apóiase no polgariño e
lánzase cara adiante para dar impulso a chapa. Gaña o que leve a chapa
antes á meta.
Se as raias as facedes paralelas á parede
podedes xogar a deslizalas ata ela. Gaña o que a faga chegar máis lonxe.
TROMPOS
unha tapa de botella atravesada por un palillo é un estupendo trompo. Probade a vosa habilidade.
BOLOS
A pelota calcetín que empregastes onte vai servir hoxe para lanzala contra un número de botellas colocadas xuntas como bolos. Podedes ir contando cantas botellas tira cada un para saber que é o gañador.
A RODAR
Rodar é divertido. Probade a facer un percorrido rodando para un lado primeiro; despois volvendo ó punto de partida. Se sodes varios, podedes intentar transportar un obxecto. Poñédevos uns ao lado dos outros. O primeiro terá na barriga un osiño de peluxe (ou outra cousa), rodando o corpo terá que pasarllo ao seguinte; este fará o mesmo co seguinte e así ata chegar a final.
A CORDA FROUXA

Poñede unha corda no chan, unha tea,..algo que
semelle unha liña pola que poder camiñar. Hai que avanzar poñendo un pé diante
doutro; pero coidado, se caedes á auga ides mollar. Podedes facelo máis difícil
pondo coxíns atrancando. Son rochas que hai que cruzar con coidado. Engadide os
trancos que queirades. É unha proba de equilibrio.
1, 2, 3 ...ZAPATITO QUIETO É (Cristina Rodríguez alejos).
Un xogo para quedarse como estatuas.
XOGOS E DEPORTE EN FAMILIA
Facede un circuito de xogos en familia.
Deixámosvos algunhas propostas:
BICICLETAS
Quen aguanta máis facendo a bicicleta coas
pernas na cama ou na alfombra?
PATINAXE
Poñede un plato de cartón ou un trapo en cada
pé e xogade a esvarar polo chan. Podedes suxeitar os platos ou trapos con cinta
adhesiva. Podedes facer un circuito libre ou montar un camiño con atrancos que
haxa que sortear.
LANZAMENTOS
Medede un calcetín dentro doutro. Esa será a
pelota. Podedes facer varias cousas:
- Lanzar uns a outros e quen non a colla, paga
prenda (dará tres saltos, perderá unha quenda o que decidades en familia)
- Lanzar por quendas a pelota ao cubo da
fregona. Ir variando as distancias, como xa fixemos. Podedes ir contando
puntos.
-Lanzar a varios recipientes de distintos
tamaños. Encestar en cada cacharro terá unha puntuación diferente.
Podemos lanzar de pe, agachados,...
- Cunha gorra e a pelota-calcetín facédelle
lanzamentos a outro membro da familia. O outro ten que atrapala coa gorra.
-Empurrade a pelota co pe para facela chegar
aun punto determinado
O BAILE DO XORNAL
Poñedes unha música que vos guste
e bailades cunha parella sobre unha folla do xornal ou unha tea. Cando pare a
música doblamos un pouco mási o xornal ou a tea. Paramos e dobramos varias
veces. Cada vez queda menos espacio para bailar!
PARCHIS EN FAMILIA entrada do 12 de abril
DÁNDOLLE MAIS USOS ÓS MATERIAIS DE REFUGALLO
Imos facer un xogo para divertirnos un
chisquiño dentro da casa, trátase de encestar, estades preparados?
Primeiro temos que crealo con material de
refugallo. Collede un cu de botella, ou un tubo de papel hixiénico tapado por
un lado, ou calquera outro bote que teñades pola casa e serva para darlle este
uso. Decorádelo, atádeslle un cordón ou un fío de lá. Na outra punta do cordón
ou da lá poñédeslle unha boliña de papel dos que teñades pola casa, de
revista, de xornais, de aluminio...
E xa está listo para comezar a usar. Sorte
para encestar!!!
TIMBIRICHE. XOGO EN FAMILIA
Nun folio debúxanse moitos puntos ata enchelo
de todo.
. . .
. . .
. . . . .
. . . . . . . . . . .
. . .
. . .
. . . .
. . . . .
. . . . . . .
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
|
Cada xogador elixe un rotulador de cor diferente.
Agora tedes que ir debuxando liñas que unan
dous puntos, cadaquen na súa quenda.
O obxectivo é ir pechando cadrados. Cando o
fagades, tedes que marcar ese cadrado como voso. O xogo remata cando xa non
quedan puntos.
CIRCUITO DE ANDAR POR CASA
Tedes que montar un circuito con mobles e
cousas que teñades por casa...
unha fileira de coxíns poden servir ...para
andar a gatas
o sofa ...para trepar e camiñar por riba del
o sofa ...para trepar e camiñar por riba del
unhas cadeiras que teñan oco...para pasar por
debaixo
unha mesa...para camiñar arredor á pata coxa.
Cando cheguedes ao final (hai que acordar na
familia como é o percorrido) podedes “desandalo” ou ir cara o punto de
saída camiñando marcha atrás (de pé, a gatas, boca arriba arrastrando o cú,
...). Para volver empezar, dades 3 saltos e comezades de novo.
Podedes repetilo varias veces intentando ir de
cada vez máis rápido.
SALTO DE LONXITUDE
Seguimos co entrenamento. Xa sabedes que hai
que poñerse en forma para poder coas tarefas dos mariñeiros. Se queredes non
cair a auga cando saltemos ao peirado ou cando teñamos que abordar outro barco
deberedes ser quen de dar uns grandes choutos.
Pegade varios cachos de cinta de
carroceiro, cinta adhesiva ou tiras de papéis recortados (ou algo que vos serva
de referencia). Poñede mais ou menos distancia entre eles. E … a saltar!!!
CARREIRA DE BOLAS
Collede papeis ou un xornal e facede bolas de ditintos tamaños. Preparade unha pista na que poder facer a vosa carreira, no chan ou nunha mesa, e marcade unha meta. Os xogadores deberán facer avanzar as boliñas soplando. Gaña o que chegue antes a meta ou o que chegue de primeiro máis veces. Podedes axudarvos dunha palliña.

2/ PÉS PARA QUE VOS QUERO
Este xogo é para aproveitar que aí atrás
fixemos uns pés dereitos e esquerdos. Lembrades? (https://follasdemoreira.blogspot.com/2020/03/propostas-para-o-martes-31-de-marzo.html)
Se ainda os tedes por aí podemos xogar desta maneira:
Se ainda os tedes por aí podemos xogar desta maneira:
Marcade con estes pés ou cun cordel, lá,
coxíns, cinta...unha liña no chan. Podes facer unha de cada vez e ir
cambiándoa (con forma de círculo, zigzag, ondas, raias cortas e
longas, combinadas... e camiñade por elas de distintos xeitos: cos dous pés
xuntos, cruzando os pés, un pé primeiro e o seguinte tocando, de xeonllos sen
apoiar os pés. O importante é que fagades todo o que se vos ocurra.
Podedes probar a facelo deprisiña ou a modiño. Tamén alguén pode dar palmas ou tocar un chifro e cando pare, vos tamén teredes que parar.
Podedes probar a facelo deprisiña ou a modiño. Tamén alguén pode dar palmas ou tocar un chifro e cando pare, vos tamén teredes que parar.
3/ DÁNDOLLE UNHA VOLTA Á BARALLA DE CARTAS
Collede unha baralla de cartas española, ou outra que teña números e distintos paus e xogade con ela aos xogos que sabedes. Tamén podedes probar xogos alternativos como este...
-Mesmo número ou mesmo pau:
Cada xogador debe botar unha carta que teña o mesmo número ou que sexa do mesmo pau que o anterior. O primeiro que remate as cartas, gaña.
CADEIRAS MUSICAIS
Colocade en círculo cadeiras.
Necesitades unha cadeira menos que a cantidade de xogadores. Poñede
música. Os xogadores bailarán arredor das cadeiras. Ao parar a música teñen que
se sentar. O que quede sen cadeira queda eliminado. Non esquezades ir sacando
unha cadeira de cada vez.
Tamén se poden poñer coxíns no chan.
Pódese xogar cantas veces queirades. Aos máis
pequenos e aos que lles custa perder, pódeselle dar a oportunidade
de “protagonizar algo” (ser os que paren a música, os que saquen a cadeira...)
Se sodes poucos na casa (2 ou 3), facede o
xogo completo varias veces e ide apuntando quen gaña de cada vez. O gañador
absoluto é o que chegue a 3 ou o número que decidades.
-MOTRICIDADE
GROSA: XOGAMOS ÁS AGACHADAS CON OBXECTOS
Trátase de escoller algúns obxectos que teñamos pola casa, acordar cales, e escondelos, unha vez agochados temos que atopalos e ir dicindo o seu nome, ou inventar un conto con eles.
Variante: xogo das agachadas coas persoas

OS
TAPÓNS VIAXEIROS
Xa que temos os tapóns fora da auga imos
aproveitar para dar un paseo…polo corredor! Nada de sair da casa!
Inventade un percorrido no que levedes a
culler co tapón na boca ou nas mans (tamén serviría unha boliña de
papel) sen que caia o chan. Podedes poñer cadeiras, botellas ou caixas para
facelo máis dificil. Tamén facer o percorrido de distintos xeitos
(en zigzag, sentando e levantando da cadeira,…). Todo depende da idade dos
participantes.
-XOGO
DO ESPELLO
Precisamos polo menos dous participantes neste
xogo, aínda que poden ser moitos máis. Un deles vai ser o que dá as ordes: fará
distintas posturas, xestos, movementos... e os demáis, os espellos, terán que
imitalos e facer o mesmo movemento. Escollede música clásica ou instrumental
que vos guste e... concentrádevos e a desfrutar.!
XOGOS
DE MESA
Convídámosvos a xogar cos xogos de mesa e
cartas que teñades na casa, todos xuntos, dos xeitos que saibades xogar.
Para non perder o costume de facer algunha cousiña podedes construir entre
todos un TRES EN RAIA ou varios.
Podedes facelo debuxando o taboleiro e
procurando dous grupos de cousas iguais. Ou podedes unha vez máis aproveitar a
usar as cousas de refugallo que vos van quedando pola casa.
XOGO DA
OCA DA EDUCACIÓN FÍSICA
Nesta especial oca tedes unha casillas moi
marchosas nas que teredes que facer moito exercicio.
Podedes xogar mirando o taboleiro na pantalla do ordenador, tirando un dado (normal, online, unha bolsiña con papeis ata o 6) e apuntando en que casilla vai caendo cada un.
Podedes xogar mirando o taboleiro na pantalla do ordenador, tirando un dado (normal, online, unha bolsiña con papeis ata o 6) e apuntando en que casilla vai caendo cada un.
ou podedes xogar no taboleiro normal
xogando só ata a casilla 25 e facendo igualmente as ordes da oca que
propoñemos. Ó chegar a esta casilla podedes continuar co resto das casillas de
xeito normal, se queredes. Sería unha oca mixta.
Tedes AQUI o necesario.
SIMÓN
MUSICAL
Para levala a cabo precisamos 4 papeis de
cores ou teas. Se non temos na casa podemos pintar uns papeis. Poñemos música
e…a desfrutar con ritmo! Trátase de seguir o movemento e repetilo, veña… a
exercitar a memoria un pouquiño…
Podemos adaptar este xogo a diferentes niveis
de dificultade; empregando menos papeis, facendo menos movementos…
Aquí vos deixamos os enlaces co exemplo de
xogo para realízalo en parellas.
Para os expertos, que xa poden xogar de
maneira autónoma vendo o ordenador.
Aquí vai outro enlace:
Aquí vai outro enlace:
O XOGO
DE OLIVIA
Este último xogo que propomos hoxe non o imos explicar. Mirade este vídeo e non van facer falta máis explicacións. Atendede e a moverse...que hai que facer exercicio!
Este último xogo que propomos hoxe non o imos explicar. Mirade este vídeo e non van facer falta máis explicacións. Atendede e a moverse...que hai que facer exercicio!
PARCHIS
EN FAMILIA
Ningún comentario:
Publicar un comentario