O noso patio é un dos mellores espacios de aprendizaxe e cando vai bo tempo nada mellor que sair fora e xogar e investigar. Eso foi o que fixemos ao chegar das vacacións aproveitando que o tempo dábanos algún respiriño. Saimos a vivir a primavera, atopamos e recordamos unha chea de cousas e cando fomos de volta para clase xogamos coa plastilina a compoñer uns preciosos traballos cheos da cores da estación.
E que non só traballamos a luz vendo como foron mudando as lámpadas ao longo do tempo, senon tamén como a luz tingue de cor todo o noso entorno.
¡Fermoso! Encantoume o de 'Saimos a vivir a primavera'. Certo, como pais, coas presas, apenas nos paramos a desfrutar do que nos rodea. O entorno do cole é realmente para vivilo! Grazas por apoiar unha aprendizaxe baseada na experimentación dos nenos. Uns alumnos privilexiados
ResponderEliminar