sábado, 4 de abril de 2015

EXPERIMENTAMOS CO PESO NO SEGUNDO TRIMESTRE

Entre as moitas experiencias matemáticas que fixemos no segundo trimestre houbemos de facerlle un oco ás experiencias de "peso". Pasamos horas a  falar de mamuts e de que nós podemos con todo porque temos moita forza! Fíxose necesario que experimentasemos que o peso non é unha cuestión de forza individual e que podemos medilo dun xeito claro para todos. Ainda así despois de sopesar, experimentar sensorialmente o peso e medir e comparar coa balanza, algúns non se apearon do seu empeño... - Sí, pesa moito, Pilar, pero a min non me pesa nada!


1 comentario:

  1. Agora entendo porque día sí e día tamén teño que analizar se pesa máis un tabeirón, un mamut ou un Tiranosaurio Rex.... ;-)

    ResponderEliminar