Como xa vos contamos no blogue de biblioteca o pasado martes aproveitamos un descansiños entre as chuvieiras para sair ao patio a ler, grandes e pequenos. Para moitos dos pequenos era a primeira experiencia, pero outros -que ainda lembraban como desfrutaron o ano pasado- agardaban que chegase o día con impaciencia. Por fin chegou e, moi animados, marcharon da man dos padriños e madriñas para ser agasallados cunha morea de contos lidos con entusiasmo polos maiores do cole.
As fotos están un pouco desordenadas, pero cun pouquiño de paciencia seguro que vos facedes unha idea de como sucederon os feitos...
Sodes xeniais! Esta actividade é estupenda para maiores e pequenos ^_^
ResponderEliminarMe encanta esta iniciativa! Eva estaba feliz de tener una madrina lectora mayor! Y que le hizo un regalo! Lo guarda en su caja de tesoros. Gracias
ResponderEliminar