sábado, 8 de novembro de 2014

UNHA FESTA MOI ESPECIAL

Hoxe venres 7 de novembro celebrabamos doble festa. Por unha banda  o cumpleanos de Eva; por outra banda, o magosto. 
Do magosto  xa vos contaremos. Agora imos ensinarvos o ben que o pasaron na festa de cumple. Eva e maila súa mamá prepararon uns agasallos moi especiais para nós e desfrutando deles pasamos unha mañá maravillosa no cole seguindo ademáis co noso proxecto de monstros. Hoxe non falamos de monstros, senon que tivemos a oportunidade de converternos nun deles. Que como o fixemos? Foi moi doado. 
A clase apareceu adornada cunha grilanda nova de banderíns e monstros e atopamos un misterioso taboleiro de madeira tapadiño cun pano. A profe e mais Eva levaban varios días a nos dicir que tiñan un segredo ambalas dúas e que un día ou outro ían contárnolo. Algúns (os que sempre andan a matinar en todo o que xurde na aula) contraatacaron dicindo que eles tamén tiñan un segredo e debecían porque a profe lles dera permiso para contalo. Pero...a protagonista desta historia era Eva e Pilar non deixou que ninguen lle quitase o protagonismo.
 O venres chegou o día. A grilanda encantounos, pero aquela cousa tapada...  non semellaba nada divertida! A nosa primeira reacción foi de desencanto, pero tódalas caras mudaron cando Eva deulle a volta ao taboleiro e asomou a súa cara convertida en MONSTRO!. 
Nun monstro moi especial...un dos amigos de Max protagonista do conto que tanto nos gusta. Enseguidiña todos quixeron probar. Cantabamos "Un, dous, tres en monstro mudarás"e....listo! un tras outro ía mudando a faciana e poñendo cara monstrosa.
Despois chegou a transformación total. Eva repartiu bocas e pes de monstro con puntiagudas poutas.Colocamos a boca, sacamos os zapatos e puxemos os pes e saimos pasear polo corredor camiñando coma verdadeiros monstros.Era unha sensación moi extraña, dixeron.
Eva regalounos un tatu de monstro e deixounos probar unha cola monstrosa. Menudos meneos demos con ela!
Despois tivemos que deixa-la festa e marchar ao magosto e á volta inda nos deu tempo a xogar un pouquiño ca ultima sorpresa do día...unha impresionante pelota monstro ca que poderemos seguir xogando mentres seguemos a traballar cos monstros. Uf, menudo día!

3 comentarios:

  1. WOW! Iso non é un cumpleanos, é todo un festón temático para 4 anos. ¡Noraboa á nai de Eva e Pilar, e grazas por pensar en toda a clase!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas por tódolos teus comentarios. Como sempre digo dá gusto ver que os nenos desfrutan e que na casa tamén apreciades o que facemos. Foi un pracer permitir este cumple tan especial na nosa aula. O proxecto no que traballamos préstase moi ben a estas cousas. De todas formas sabede que os nenos e a profe desfrutan con todos e cada un dos cumples da clase, ainda que non coincidan neles actividades tan divertidas. O importante para todos é estar canda os nosos amigos no seu día.

      Eliminar
  2. Eso si que é unha supercelebración. Estades que non parades, Pilar! Moi chulo e orixinal o panel do monstruo e tamén os agasallos de Eva e súa nai para os compañeiros. Noraboa!!!

    ResponderEliminar