Por fin chegou o tan agardado día. Todos estabamos preparados para dar moito medo e para pasalo moi ben. Houbo tempo para todo: Para facer fotos cos nosos disfraces, para baillar, para participar e experimentar no obradoiro de "baleirado de cabazas" e sobre todo para aprender unha morea de cousas coas nosas teachers Patricia e Abi. As dúas explicáronnos en inglés todo o que iamos facer no obradoiro.
Botádelle unha ollada ás nosas caras de medo e entusiasmo.
Grazas polo voso traballo ¡ E xenial que poidamos ollar un anaquiño o que fan os nosos pequechos cando non estamos diante
ResponderEliminar