Como non temos sementes de cacao porque Tica non as da enviado dende a selva ecuatorial e como lle collemos gusto a iso de plantar estamos a facer unha colección de sementes que non para de medrar.
Comenzamos por ver como estaban as sementes de cabaza que gardamos no Samaín e despois seguimos collendo as que teñen as froitas e outras que trouxemos da casa...
Fomos meténdoas nun bote e despois de observalas e comparalas, puxemos etiquetas co seu nome.
A ver onde para todo isto¡ ... Non sei se daremos plantado tantas cousas...
Despois de tanto clasificar fomos ver como ían medrando os tomates e as leitugas e enchemos 4 macetas coas sementes de pemento que nos trouxera Silvia.
Non hai mellor cousa que o contacto coa natureza. O miragre da vida é apaixoante. Grazas pola iniciativa!
ResponderEliminarPois si, moi boas ideas as que estades levando a cabo, sementes, gusanos de seda... Non hai máis que ver o emocionados que chegan á casa. Gracias!
ResponderEliminar