Sabiamos que lles ía facer moita ilusión e así foi. Antes de comezr estuvimos a falar de como sería posible pintar cunha cousa de comer e demos algunhas ideas para que todo funcionara ben.
Pasámolo de maravilla; pintamos e non puidemos resisti-la tentación de comernos a pintura. Ainda que o principio as profes dician que NON COMESEMOS NADA, despois de ve-las caras e as mans dalguns gamberretes e gamberretas deixaronnos chupa-los dedos e rebaña-las fiambreiras. Hoxe a pintura entrounos pola boca e tamén polo nariz. Todo o cole quedou impregnado do delicioso cheiro do chocolate e houbo moitas e moitas que viñeron axexar o que faciamos.
Pintamos co chocolate en tableta e, despois de recoller todo e de nos lavar, probamos a pintar tamén co chocolate desfeito e daquela sí que puxemos todo un poquiño suxo...
Quedou claro que tamén co chocolate somos uns artistas e que sabemos traballar de vez cos 5 sentidos.
Poñemos primeiro fotos do traballo coa invitación na aula de 4 anos e de seguido as fotos da actividade de "pintura".
Seguro que non esquecen nunca unha experiencia como esta!! Cómo disfrutaron e cómo se puxeron :-)
ResponderEliminar