mércores, 7 de marzo de 2012

NEGROS E BRANCOS



Rematou outro mes e nós coma sempre voltamos á biblioteca. Desta volta Laura, quen lle colleu gusto a ser a nosa contacontos, contounos o conto de David McKee "Negros e brancos". Seica decatouse de que andamos un pouquiño alporizados e quixo amosarnos que a paz é posible.
Agora estamos a facer entre todos un mural que pronto veredes nas nosas paredes.
Non fixemos moitas fotos porque  nesta ocasión estivo connosco un periodista do Atlántico que quixo plasmar coas súas palabras e fotos a importancia do noso proxecto de animación lectora. Se non chegastes a mercar o periódico este mércores 7 de marzo decídelle ás profes que vos amosen o artigo que este xornal publicou.













3 comentarios:

  1. Os avós, que non perden unha, atoparon á neta no xornal na hora do almorzo e media familia mobilizada para ver á nena. Esta iniciativa merece sair como pouco na prensa, claro que sí! Noraboa!

    ResponderEliminar
  2. Pois si, unha moi boa idea!
    Noraboa tamén pola nosa parte.
    O conto debía ser para participar porque algúns parece que están actuando; aínda que algunha anda a despistar ...

    Un saúdo,

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Unha vez mais queremos agradecervos os vosos comentarios a tódolos que tedes entrado ultimamente.Seguimos o que nos dicides con moito interés ainda que non sempre teñamos tempo a respondervos. Queremos agradecervos tamen que animedes este recunchiño onde vos contamos algunhas das cousas do noso cole (noso e voso).
      Graciñas a todos e todas

      Eliminar