martes, 27 de setembro de 2011

COMENZAMOS A NOSA ANDAINA

Despois de dúas semanas de adaptación e de practicar o "aprender a pensar" na clase de 4 anos empeza a espertar o formiguiño da motivación cara á lectoescritura. Hoxe fomos quen de plantexar na asamblea os problemas que nos está dando unha pantasma gamberra que se colou na nosa clase e empezamos a pedirlle axuda a Tica.
Ollade como traballan todos os nenos na mensaxe que lle mandamos a Tica (xa que a escritura empeza sendo debuxo). Despois do esforzo quedounos unha carta tan superlonga que tivo que quedar colgada no corredor porque non fomos quen de metela nun sobre... Imos ver se Tica nos contesta... 




















3 comentarios:

  1. Buufff ¡Cómo pasa o tempo! Estes que están nas fotos dos de catro anos, eran de tres fai pouco. E os de cinco deste ano (os maiores, cuidaooo), fai pouco eran tamén de tres; e fai algo menos, tamén eran de catro. E detrás xa veñen outros: ide pre-pa-rán-do-vos, vos os de dous, que ós de tres xa os temos no Cole. E xa coñecen a Tica, e temos dúas aulas, ...

    Mentres tanto, os pais/nais, xa empezamos a ser @s de ...

    ResponderEliminar
  2. E qué.. ¿contestou Tica? ¡Saúdos!

    ResponderEliminar
  3. Tica contestounos que meteramos a Terri nun bote. Esta foi a parte que puiden ler coa axuda das gafas de Estela. Quedaronnos sen ler as palabras máxicas que hai que pronunciar cando o atrapemos que son ¡Terri Métete!.
    O problema está en que non teñen moito interese polo de agora en atrapalo. Prefiren que siga a facer travesuras

    ResponderEliminar