Levamos xa case unha semana de clase e ainda non vos tiñamos saudado a todos...os novos pais e os que continuades ciclo. Benvidos a todos! Agardamos que esteades tan contentos neste novo curso como semellabades estar o curso pasado e que pouco a pouco se vaian incorporando mais persoas ós comentarios.
Xa sabedes que temos profes novos e nenos novos nas 4 aulas de infantil.
Hola! O novo curso promete... polo menos en clase de 4 anos. Dende logo, a miña filla Estela comeza con toda a ilusión do mundo. A ver se a mantemos ata xuño ;-). Saúdos a todos!
ResponderEliminarOla a tod@s! Semella que xa collimos impulso, e que este tren xa anda só: a locomotora (o Cole) vai ben engrasada, tirando polos vagóns (as clases) onde se están acomodando os pasaxeiros (os nen@s) que son envexados nesta viaxe polos que quedan no andén (os pais/nais). Seguro que poñendo cada un de nós unha travesa da nosa parte, converteráse nun tren de alta velocidade. Moito ánimo!
ResponderEliminarGrazas á María e á Cándido polos vosos ánimos. A nosa viaxe é de longa duración e aínda que se nos presenten algúns atrancos seguramente chegaremos con éxito á nosa meta...a de que os nenos aprendan felices.
ResponderEliminarVese que lle están collendo gusto a este novo curso. Isto na casa tamén se nota, que si tocar palmas para contar as sílabas dos nomes, que si Terry por aquí e Tica por alá, nótase que o están vivindo con ilusión. Un saúdo a tod@s!
ResponderEliminarGrazas, Irene. Cos vosos comentarios vemos que están disfrutando e almacenando experiencias e pequenas aprendizaxes. A verdade é que están participando en todo con entusiasmo.
ResponderEliminar