luns, 10 de outubro de 2011

APRENDEMOS A TER INICIATIVAS

Na clase de 4 anos dende que andamos a voltas coas lerias de Tica e Terri estamos aprendendo a ter ideas propias que nos axuden a todos na descoberta e na solución dos problemas que se nos plantexan. 
Aqui tedes alguns exemplos...
Cando empezou o curso Laura trouxo unha vasoira de xoguete, sen que ninguen lla pedira, para que a profe poidera saber como era a que precisaba para ser unha boa bruxa. 
Tódolos días enchen a nosa caixa de polviños máxicos  cos que traen da casa nos petos e que serven para as cousas mais variadas. 
Outro día, Estela trouxo unha gafas da súa casa porque a profe non era quen de ler a nota que mandou Tica. E vaia se funcionaron!

 É un xeito estupendo de participar na actividade da aula.

1 comentario:

  1. Se Estela xa tiña 'pouca' imaxinación antes, agora está que 'non para'... Nunca sei se é cousa dela, da profe, dos compañeiros de clase, de Terri, de Tica... Iso sí: ela sempre o ten claro :-)

    ResponderEliminar