domingo, 14 de novembro de 2010

TARTA DE CABAZA


Para celebrar o Samaín ademais de disfrazarnos e bailar quixemos facer nós mesmos unha tarta de cabaza.  Deixámosvos a receita e as fotos...estaba riquísima!

RECEITA DA TARTA DE CABAZA
Ingredientes:
400gr de cabaza
300gr de fariña
300gr de azúcre
100ml de aceite
4 ovos
Un chisco de sal
Un sobre de levadura royal
Un chisco de canela

Elaboración:
1/ Picamos a cabaza
2/ Mesturamos todo nun bol na orde da lista de ingredientes e batemos ben
3/ Metemos no forno a 180 grados durante 20 minutos...

...e... A COMER!

Graciñas Profe Montse por cociñar con tódolos nenos de infantil esta riquísima receita.



1 comentario:

  1. Grazas Montse polo tempo que coidaches dos nosos fillos. Se non fora por este post, non sabería da rica tarta que preparástedes. Os meus fillos contan pouco do cole.

    ResponderEliminar