sábado, 20 de novembro de 2010

O QUE PENSAMOS DA APRENDIZAXE



Segundo explicamos na “primeira mora” este é o blog dos nosos proxectos na biblioteca. Por que entón desfilan por el experiencias que parecen no ter relación coa biblioteca e os contos que traballamos?  
Para nós a aprendizaxe é un xogo, e ten que nutrirse de moitas experiencias e poñer todas elas en relación.

O que non se vive non se aprende. 
Aprendemos cando estamos emocionalmente implicados en cada experiencia. Os contos anímannos a investigar, vivir e compartir. De ahí a importancia de traballar xuntos e compartilo todo...

2 comentarios:

  1. Gostaríame que ese traballar xuntos, fose o cerne de que de unha vez por todas lográsemos unir a educación infantil coa de primaria, porque polo pouco que eu coñezo de enseñanza, infantil e a etapa para experimentar e primaria segue sendo máis do mesmo. Lograremos cambialo??? Saudos e ánimo.

    ResponderEliminar
  2. Graciñas polo teu ánimo. Pasiño a pasiño traballamos para facer unha aprendizaxe mais activa e participativa.

    ResponderEliminar