O primeiro libro que os nenos de infantil disfrutamos na biblio foi un clásico nestas datas "Corre, Corre, Cabaciña". Gustounos moito e nós tamen fomos a correr ata a horta ou o supermercado para traer as nosas cabazas á escola...
Este foi o neno que mais correu polo carreiro e chegou de primeiro |
Cando o noso cole xa estivo cheo de cabazas adicamos unha mañá a abrilas. Non lles puidemos facer unha porta porque estaban moi duras pero as profes "destapáronas" e nos baleirámolas ben e puxemos as pipas por un lado e a pulpa polo outro. Temos pensado sementar as pipas cando chegue a primavera e agora mesmiño imos xa preparar unha tarta de cabaza... non vaia ser que non nos inviten á voda da neta do conto...
Vendo o blog con Estela, e vendo estas imaxes, dicía: -Sabes mami, saquei a "culpa" da cabaza. -Será a pulpa... -Non, non, a "culpa".
ResponderEliminarUn soriso máis que me da a miña nena! Grazas!
Grazas a ti por pasa-lo teu tempo con Estela compartindo con ela as súas experiencias a través deste blog. Alegrámonos de que disfrutedes con el. Agardamos poder seguir pondo aquí moitas fotos para que ela te poida dar a súa "versión" dos feitos.
ResponderEliminar