Os nenos e nenas de 4º A pasaron todo o curso traballando sobre as mascotas, aprendendo a coidalas e respectalas e pescudando os refuxios de Vigo nos que se traballa para darlles as mellores oportunidades.
Como remate deste proxecto pasaron por varias aulas, entre elas as de 3 e 5 anos amosándonos un video feito por eles mesmos e ensinándonos a facer unha mascota de papiroflexia que despois todos puidemos decorar ao noso xeito. Ainda non temos as fotos de 3 anos pero mentres ide mirando as da clase de 5.
luns, 2 de xullo de 2018
venres, 29 de xuño de 2018
DE EXCURSIÓN AO CENTRO HÍPICO LA MURALLA
O 19 de xuño visitamos o centro hípico de Redondela "La Muralla". A verdade é que foi unha visita moi, moi proveitosa, non só por todo o que aprenderon os meus peixiños, senón tamén polo trato e o cariño recibidos.
Mergulláronse un pouquiño no mundo dos cabalos e experimentaron sensacións, ata agora, descoñecidas para eles. Botádelle unha ollada a este vídeo e comprobade o que vos digo.
Aproveito para despedirme e desexarvos un bo verán. Desfrutade dos vosos peixiños, xa tamén algo meus, e volvede coas pilas ben cargadas para afrontar novas experiencias o curso que ben.
Grazas por todo e miles de bicos.

CUMPLES TERCEIRO TRIMESTRE
Aínda que os meus peixiños xa gozan dun merecido descanso, eu sigo polo cole traballando e publicando nesta xaneliña todo o acontecido nos derradeiros días de clase.
Non podían faltar os aniversarios de Silvia, Teo, Javi, Sienna, Eva C y Eva E.
Parabéns a todos.
Non podían faltar os aniversarios de Silvia, Teo, Javi, Sienna, Eva C y Eva E.
Parabéns a todos.
venres, 22 de xuño de 2018
TEO E DENA PECHAN O NOSO PROXECTO
De certo que algunha vez escoitáchedes na vosa casa o nome de Dena. É que Teo non para de falarlle ós peixiños da súa querida mascota... Dena morde, coidado con Dena, como te pille Dena!!
Daquela a súa familia non podía vir o cole sen esta cadela xa tan nosa.
Alberto, o papá de Teo, falounos dunha morea de cousas: de cómo escomezou a historia desta mascota, da súa raza, dos coidados que precisa, do tempo que ten, do seu adestrador...e nós fomos facéndolle preguntas á vez que desexabamos paseala, tocala e agarimala .
Mirade que imaxes más tenras e simpáticas.
Aproveito para dar ás grazas a Alberto e a tódalas familias que fixeron posible este proxecto tan marabilloso e enriquecedor. Grazas pola vosa creatividade, pola vosa disposición e polo voso tempo. Formar parte deste equipo é un privilexio e unha sorte.

DESTA VEZ CONVERTÍMONOS EN BICHIÑOS!!!!
Xa quedou atrás o festival de fin de curso, pero non o meu orgullo por estes peixiños que traballaron a reo para sorprender ás súas familias. Grazas a tod@s pola vosa colaboración á hora de caracterizalos, pero sobre todo grazas a María que, voluntariamente, ofreceuse a maquillar a formigas, saltóns, miñocas....e a deixalos a todos, obxectivo difícil, aínda máis guapos.
mércores, 20 de xuño de 2018
E TAMÉN TEATRO
A terceira das nosas especiais citas tivo lugar o martes no ximnasio. Alí puidemos desfrutar de dúas obras de teatro. "A festa no faiado" da escritora homenaxeada nas nosas Letras Galegas, representada polos nenos de 2º de Primaria e teatro a cargo dos nenos e nenas de 4ºA. A pesares da calor e de que fixeron as dúas obras seguidas, aguantamos con entusiasmo e aplaudimos a rabear. Bravo polos nosos compañeiros.!
AGORA UNHA DE KAMISHIBAI
Outra das actividades especiais que nos tiñan preparados os nosos compañeiros das aulas dos maiores foi unha representación de contos en Kamishibai. Durante todo o curso rolou polas aulas un libro viaxeiro A volta so mundo en 80 contos en homenaxe a Xulio Verne no seu ano. Tamén pasou polas aulas de infantil co encargo de escoller un conto e contalo á nosa maneira. Como somos pequenos non nos atrevemos, pero sí que o fixeron os maiores de 2º e 3º.
Este luns invitáronnos á biblioteca a desfrutar da súa representación. Un conto de Nova Zelanda e outro de Holanda. Fomos, escoitamos, aplaudimos e conseguimos que nos desen un fermoso agasallo...un muiño holandes.
Véde as fotos.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)