De certo que algunha vez escoitáchedes na vosa casa o nome de Dena. É que Teo non para de falarlle ós peixiños da súa querida mascota... Dena morde, coidado con Dena, como te pille Dena!!
Daquela a súa familia non podía vir o cole sen esta cadela xa tan nosa.
Alberto, o papá de Teo, falounos dunha morea de cousas: de cómo escomezou a historia desta mascota, da súa raza, dos coidados que precisa, do tempo que ten, do seu adestrador...e nós fomos facéndolle preguntas á vez que desexabamos paseala, tocala e agarimala .
Mirade que imaxes más tenras e simpáticas.
Aproveito para dar ás grazas a Alberto e a tódalas familias que fixeron posible este proxecto tan marabilloso e enriquecedor. Grazas pola vosa creatividade, pola vosa disposición e polo voso tempo. Formar parte deste equipo é un privilexio e unha sorte.
Si.... es conocida la perra de Teo!!!!! Eva no calla....
ResponderEliminarSilvia me contó que el perro blanco se había perdido y que el otro se había hecho pis en clase... Y ahora veo que todo era verdad!!! La experiencia con animales siempre es muy enriquecedora.
ResponderEliminar