Esta foi unha das actividades que máis ilusión nos fixo, non só porque era a primeira vez que felicitabamos as festas ás nosas familias, senon tamén porque conseguimos gardar o segredo dalgo tan especial.
Ademáis aprendemos unha chea de cousas como por exemplo que é un carteiro e como traballa, que é unha caixa de correo, un selo,...
luns, 9 de xaneiro de 2017
ENGALANAMOS OS NOSOS CORREDORES
Este ano para decorar o noso corredor decidimos facer unhas bolas xigantes adornadas con cintas de cores e uns renos coa forma das nosas mans. Xa vistes o resultado, así que agora botádelle unha ollada a todo o proceso de elaboración.
O NADAL CHEGOU A CINCO ANOS
Como ben sabedes o nadal marca o remate do primeiro trimestre escolar. Por iso, chegando ó mes de decembro na clase de cinco anos comezamos a ordenar os nosos traballiños, a facer as nosas portadas e contraportadas, a engalanar os nosos corredores, a escribir a carta dos Reis... e, sobre todo, a gozar desta época tan máxica do ano.
Aquí tedes un pequeno resumo dalgunhas cousiñas que fixemos.
Aquí tedes un pequeno resumo dalgunhas cousiñas que fixemos.
domingo, 25 de decembro de 2016
O REI MAGO GASPAR VISITOUNOS TAMÉN
Como xa é tradicional no Párroco, un dos Reis Magos, desta volta Gaspar, interrumpiu as moitas tarefas desta época para achegarse ata o noso cole. Con moita paciencia escoitou as nosas peticións e animounos a seguir sendo uns nenos estupendos...e se algún non o é que se poña as pilas xa; porque a noitiña de Reis xa está aí mesmiño!.
Mentres ide vendo as nosas facianas e ollade como todos foron contándolle as súas cousiñas...os máis pequenos con moito medo, pero é o normal.!
Mentres ide vendo as nosas facianas e ollade como todos foron contándolle as súas cousiñas...os máis pequenos con moito medo, pero é o normal.!
O APALPADOR VISITOUNOS
O día 20 achegouse ata o noso cole o Apalpador para darnos a coñecer unha das tradicións de nadal en Galicia. Desfrutamos moito con el e xa agardamos que dentro dun ano poida volver visitarnos. Como vimos facendo neste trimestre tódolos nenos de infantil compartimos este momento tan importante e ademáis vivímolo canda os nosos amigos de 1º e 2º de Primaria. Despois, en quendas de tres, fixemos a nosa xa "tradicional" (neste curso) rolda de obradoiros. Neles, - mesturados grandes, medianos e pequechos - puidemos facer a nosa barba do Apalpador, compuxemos puzzles do personaxe na pizarra dixital e baillamos e cantamos cancións. Deixámosvos aquí as fotos da sesión co Apalpador; as dos obradoiros non ides poder velas porque foi imposible facelas co rolar de nenos dunha clase a outra.!
sábado, 24 de decembro de 2016
OBRADOIROS COMPARTIDOS TAMÉN NO MAGOSTO
Decididos coma estamos a compartir moitas das nosas aprendizaxes, en novembro celebramos o magosto coa xuntanza tradicional no patio, degustando as riquísimas castañas que asaron Luis e Sol para todos nós.
Mentres os nosos compañeiros facían xogos populares, nós, os de infantil, compartimos todos xuntos uns obradoiros cunhas actividades moi especiais.
Na clase de Charo poidemos confeccionar as nosas diademas de magosto para lucir na festa, xa veredes que guapiños estabamos.!
Na clase de Pilar escoitamos o conto "Xaime e as Landras" e fixemos un debuxo sobre o mesmo.Ademais agasalláronnos cun marcador de libros especial.
Por fin na clase de Montse puidemos relaxarnos baillando a muiñeira e outros bailes que ela tiña preparados para nós.
Que divertido!
Ao final a paparota de castañas e o xogo no patio foron o remate dun día perfecto. Nas fotos dos obradoiros veredes como tódolos nenos e nenas imos pasando por quendas por cada clase.
obradoirosmagostoinfantil - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
As fotos do magosto no patio tédelas nesta ligazón, para os que non as mirastes xa daquela.

NO SAMAÍN ... COMPARTINDO
Este trimestre compartimos unha chea de experiencias que agora que temos chegado ao final ímosvos lembrar.
A primeira festa que celebramos xuntos foi o Samaín.
Primeiro baleiramos cabazas seguindo a tradición e deixámolas ben limpiñas para poder transformalas en calacús. As sementes gardámolas para plantalas na primavera. Xa vos contaremos. Despois desfrutamos da festa de Samaín. Cos nosos compañeiros de todo infantil disfrazámonos e fomos pasando polas aulas onde as profes agardábannos cunha sorpresa... Sonia contounos un arrepiante conto de monstros e na clase de Charo tiñan preparado un baile que tivemos que esforzarnos en aprender axiña.
Despois chegou o intre de leva-los calacús á exposición de outono e fixémolo cun divertido "ritual" que recitamos unha e outra vez ata que tódalas caveiras estiveron no seu lugar. Como remate da festa miramos o vídeo do conto "Carabuñas" contado por uns peques coma nós. Encantounos.!

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)