martes, 2 de xuño de 2020

XIÁN: NÚMEROS E VÍDEO

Xián desfrutou moito no día de hoxe. Encántanlle os animais e chamoulle moito a atención como o camaleón mudaba de cor. Ademais xogou co ATOPA O NÚMERO e...vaia se atopou!. Para rematar compuxo o seu debuxo coas formas xeométricas que procurou na súa casa. Moi ben, Xián!




PROPOSTA PARA O MARTES 2 DE XUÑO

DIARIO DE NAVEGACIÓN            DÍA  74
Madagascar é unha illa moi especial polo que estamos vendo. Os animaliños que aquí atopamos non se miran noutras partes do planeta. Estamos no Océano Indico en frente de África. Os lémures son únicos; hai 6 especies de baobab distintas e aquí viven o camaleón máis pequeno e o máis grande do mundo.
Que bonitos son os camaleóns!. Hai moitas especies diferentes! Sabedes por qué cambian a súa cor. Shhh! Calade, velaí ven un! Tede paciencia e observade atentamente!





ATOPA O NÚMERO
Para facer esta actividade precisamos axuda dun maior, para que nos faga os números do 1 ao 6 en distintas cores nun folio. Os que saibades podedes facelo vós.  
As cores son: amarela, verde, vermella, azul. Quedaría algo así:


Unha vez que xa temos a plantilla lista, entramos no xogo  de cartas. Teremos que ir rodeando na plantilla os números que nos vaian saíndo. Fixádevos ben no número e tamén na cor. Ánimo!
Se non queredes usar o xogo de cartas, tamén o podemos facer oralmente. Un compañeiro de xogo vainos dicindo o número que temos que atopar e a cor.






PINTURA E FIGURAS XEOMÉTRICAS
Primeiro tedes que buscar elementos que teñan forma xeométrica e que non sexan máis grandes ca folla que collades ( tapas, botóns, tapóns,cartas…)
Ides colocando os elementos na folla e repasando a súa silueta. Podedes colocalos como prefirades e incluso superpoñelos.
Despois, coloreade cada elemento dunha cor e repasade as formas cun rotu negro.



IOGA: A POSTURA DA COBRA
Despóis dun día tan axitado, podédevos relaxar cunha sesión de ioga, imitando a unha serpe. Aquí déixovo-lo video. Facédeo cos vosos pais. É máis divertido.




E PARA REMATAR UN CONTO:  O CAMALEÓN CAMALEÓNICO

HÉCTOR: PALABRAS DO NAMIB E ALGUNHAS COUSAS MÁIS

Velaquí Héctor coas súas palabras do Namib. Tamén xogou a Que número vai despois? e fixo as actividades de Inglés no ordenador. Amais, debuxounos un camaleón moi xeitoso. Moi ben, Héctor!







ANA: CAMALEÓN

Ana pintou o seu camaleón. Mirade como lle quedou!


ABRIL: PALABRAS DO NAMIB E ALGUNHAS COUSAS MÁIS

Abril pintou as letras das súas palabras do Namib; tamén debuxou o seu bonito camaleón e mailo seu lémure e pintou as súas follas. E cantos animais! Un león, unha xirafa, unha avestruz... Todos enriba de cadanseu nome. Moi ben, Abril!





luns, 1 de xuño de 2020

CARMEN: CAMALEÓN

Carmen fixo o camaleón e púxolle nome. O camaleón tiña fame e aproveitou a comerse un insecto.






XIÁN: CAMALEÓN

Xián fixo o seu camaleón e o baobab. Ollade como lle quedaron.