CONTO: ROSA CONTRA EL VIRUS
UN CHISQUIÑO DE IOGA
EXPERIMENTO: A IMPORTANCIA DE LAVAR AS MANS
luns, 16 de marzo de 2020
TAREFAS ESCOLARES NA CUARENTENA.COMEZAMOS
Boas, familias!
Dada a situación na que nos atopamos na cal non podemos seguir adiante coa rutina escolar habitual, dende o equipo de Educación Infantil imos ir colgando no blogue diferentes propostas de actividades, sempre voluntarias e coa intención de darvos ideas para estes días. Se vos animades a facelas, podedes inmortalizar os momentos con fotografías ou gardar os debuxos ou creacións que vaiades facendo para traelas e ensinalas na escola cando volvamos a comezar a rutina escolar. Por outra banda, queremos recordar que esta situación podemos aproveitala para desfrutar en familia deses momentos que na rutina da vida cotiá se nos fai complexo; conversar máis, tomarse as cousas con máis calma, cantar cancións, contar contos, xogar xuntos... Estes días tamén poden ser unha boa oportunidade para seguir traballando os hábitos de autonomía; de hixiene, de orde, de vestido, as tarefas domésticas...En definitiva, para levar a cabo as tarefas da vida práctica.
Algúns exemplos poden ser:
Vestirse e desvestirse sos (contamos con máis tempo, non hai présas)
Axudar a preparar o almorzo, a comida e a cea.
Poñer e recoller a mesa. Axudar a tender a roupa.
Axudar a facer a cama.
Colocar a roupa no armario.
Levar a roupa usada ao cesto da roupa sucia.
Axudar a poñer a lavadora.
Regar as plantas.

"Calquera axuda que non se precisa é un atranco para o desenvolvemento propio". María Montessori

venres, 3 de xaneiro de 2020
O NADAL XA ESTÁ AQUÍ!
Parece que aínda foi onte cando comezamos a escola e resulta que xa estamos no Nadal. Esta época gústanos moito porque está chea de maxia.
Na nosa clase fixemos varias propostas relacionadas co Nadal; contamos contos, fixemos árbores de Nadal, descubrimos mensaxes secretas das nosas familias, cantamos panxoliñas...

Estade moi atentos ao vídeo que é un resumo do Nadal da nosa aula!
xoves, 26 de decembro de 2019
OUTONO NA CLASE DE 3 ANOS
O Outono xa pasou e na aula de 3 anos queremos compartir convosco algunhas das experiencias que fixemos; observamos os cambios no patio da nosa escola, fixemos recolleita de follas e froitos, manipulamos e traballamos os sentidos con eles, clasificamos follas e froitos, contamos, asociamos números e cantidades, experimentamos coas cores do outono, estampamos follas, tapóns e corchos, fixemos unha cesta para o magosto e mesturamos cores do outono ao ritmo de Vivaldi.
¡Mirade o vídeo e veredes que ben o pasamos!
sábado, 21 de decembro de 2019
OS PEIXIÑOS DESÉXANVOS...
Rematamos este primeiro trimestre moi ledos e satisfeitos do traballo realizado. Agora toca descansar, recargar pilas e disfrutar da familia.
Boas festas para todos e unha aperta moi, moi grande.

xoves, 19 de decembro de 2019
SESIÓN CON LUZ NEGRA
Días atrás tivemos a sorte de experimentar e traballar coa luz negra.
Unha mágoa que non vísedes a nosa reacción cando a clase quedou ás escuras e comezamos a ver os efectos que a luz negra tiña sobre todo aquilo que nos rodeaba.

luns, 2 de decembro de 2019
POR FIN VISITAMOS APIPOLIS!!!!
Neste caso a espera pagou a pena porque o que vimos e experimentamos neste centro non ten prezo.
Foi unha mañá cheiña de sorpresas repartidas nos diferentes obradoiros que Nico e Dori nos tiñan preparados.
Escomenzamos por lembrar moitas cousas que xa sabiamos das abellas; vendo por exemplo, na lupa, onde estaba a abella raíña. Despois entramos no apiario perfectamente vestidos e protexidos para ver unha colmea en directo e os milleiros de obreiras que traballan para acadar o seu obxectivo. Non faltou o obradoiro de galletas e finalmente a visita á sala na que se fai a extracción, colado e envasado do mel.
Só tedes que botar unha ollada ás nosas caras para ver cómo desfrutamos dunha mañá especial.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)