Grazas á colaboración de María temos algunhas fotos de 5 anos para vos amosar. Ollade que guapos están! Facer...fixérono estupendo, aínda que nas fotos non os poidades escoitar.
luns, 27 de xuño de 2016
venres, 24 de xuño de 2016
FIN DE CURSO EN INFANTIL
O pasado martes celebramos a festa de fin de curso e durante unha hora os nenos e nenas de 3, 4, 5 e 6 anos (os de 1º de Primaria) adicáronse con entusiasmo a facer que o pasasemos moi ben vendo como cantaban e bailaban. Aquí deixámosvos as fotos. Non saen as da actuación dos de 5 anos porque non temos; a fotógrafa estaba ocupada dirixindo. A ver se algúen do público comparte algunha foto para que os poidamos ver...a eles e a Timoteo!
venres, 17 de xuño de 2016
COMPARTINDO COUSAS NO CICLO
Nestas últimas semanas estamos compartindo cousas importantes. Primeiro foi o contacontos "O faro das almas " que os rapaces de 4º de Primaria fixeron para nós, adaptando os textos do conto orixinal. Podedes ver as fotos no blogue da biblioteca.
Despois, este mesmo luns tivemos unha visita moi esperada que, en especial, aos nenos e nenas de 5 anos, emocionounos moito. Sabiamos dende había un tempo que a nosa compañeira e amiga Sabela tocaba o violín e que quería traelo ao cole e amosarnos como tocaba. Daquela o día acordado fomos felices ata a biblioteca para escoitala e coñecer tamén a Eva, a súa profe.
A sorpresa para nós foi que nos tiñan preparada unha viaxe musical moi especial da man dun personaxe chamado Estradiva que era....claro, Sabela!. Con elas coñecimos algunhas cousiñas do violin, fixemos ritmo e cantamos. Foi un cachiño do noso día no cole en que o pasamos fenomenal, todos xuntiños: os de 3, os de 4 e os de 5.
E...queredes saber como o fixo ela?....Xenial!!!
Moitas grazas a Eva e mais a Sabela. Seica algún outro día no curso que vén, podedes volver a abrirnos outra xaneliña ó voso bó facer musical.

xoves, 9 de xuño de 2016
UN ZOO DE MANS!!!
Cando falamos na clase de todo o que podiamos facer coas mans, non imaxinabamos que mesmo podían converterse en auténticos animais. Só tiñamos que colocar a nosa man axeitadamente, decorala e para que quedase máis completiño escribirlle un poema. Mirade que chulo quedou o noso zoo con animais da sabana, da selva e incluso da granxa.
martes, 24 de maio de 2016
MANS EN POSITIVO E NEGATIVO
Unha vez que puxemos en común todo o que sabiamos das mans e todo o que nos interesaba saber sobre elas, decidimos investigar.
Despois de ver algunhas imaxes , achamos que xa os primitivos empregaban as súas mans para decorar as cavernas con pinturas rupestres.
Nos quixemos imitarlles e pintar as nosas mans en positivo e en negativo.

CAIXA DOS TACTOS
Grazas a colaboración da familias de Alex e Noa P, poidemos experimentar eso de adiviñar que cousiñas iamos collendo da caixa. Tede en conta que só podiamos empregar o noso tacto e as pistas que nos ían dando os nosos compañeiros.
Mirade que divertido resultou e cantos conceptos traballamos mentras xogabamos.
Hoxe aínda seguemos a empregar as caixas dos tactos cando xogamos nos nosos recunchos.
Mirade que divertido resultou e cantos conceptos traballamos mentras xogabamos.
Hoxe aínda seguemos a empregar as caixas dos tactos cando xogamos nos nosos recunchos.
xoves, 5 de maio de 2016
RECUNCHO PROXECTO AS MANS. 4 ANOS
Con todo o material aportado polas familias e outro que fomos incorporando nós a medida que iamos avanzando na nosa investigación, montamos o noso recuncho informativo. Alí colocamos de todo, dende material manipulativo ata libros con alfabeto braille. O certo é que este recanto deu para moito, posto que a el recurrimos moitas veces, non só para ollar, ler ou xogar con todo o que alí había, senon tamén para satisfacer a curiosidade de todos os que se detiñan a ver todo o que alí fomos colocando. Botádelle unha ollada a todo o material recibido e o resultado final.
MONTAMOS O NOSO RECUNCHO INFORMATIVO
MONTAMOS O NOSO RECUNCHO INFORMATIVO
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)