Nestas últimas semanas estamos compartindo cousas importantes. Primeiro foi o contacontos "O faro das almas " que os rapaces de 4º de Primaria fixeron para nós, adaptando os textos do conto orixinal. Podedes ver as fotos no blogue da biblioteca.
Despois, este mesmo luns tivemos unha visita moi esperada que, en especial, aos nenos e nenas de 5 anos, emocionounos moito. Sabiamos dende había un tempo que a nosa compañeira e amiga Sabela tocaba o violín e que quería traelo ao cole e amosarnos como tocaba. Daquela o día acordado fomos felices ata a biblioteca para escoitala e coñecer tamén a Eva, a súa profe.
A sorpresa para nós foi que nos tiñan preparada unha viaxe musical moi especial da man dun personaxe chamado Estradiva que era....claro, Sabela!. Con elas coñecimos algunhas cousiñas do violin, fixemos ritmo e cantamos. Foi un cachiño do noso día no cole en que o pasamos fenomenal, todos xuntiños: os de 3, os de 4 e os de 5.
E...queredes saber como o fixo ela?....Xenial!!!
Moitas grazas a Eva e mais a Sabela. Seica algún outro día no curso que vén, podedes volver a abrirnos outra xaneliña ó voso bó facer musical.
Toda unha artista na clase de 5 anos! Bravo, Sabela!!
ResponderEliminar