Despois da emocionante mañá que gozamos nos distintos obradoiros, de xogar e bailar, decidimos seguir a recuperar tradicións desta época. Os de 3 e 4 compartimos unha interesante actividade debullando e repartindo os grans do millo nos diferentes recipientes dos que dispomos. Foi un remate diferente e tranquilo da festa de Samaín, mentres agardabamos outros moitos momentos de diversión cos desfraces e os xogos de medo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario