O corredor e as nosas aulas estiveron toda a semana cheos de cabazas e, antes de nos poñer a baleiralas e convertilas nos tradicionais calacús, quixemos saber o que había dentro. Así que compartindo, os amigos de 3 e 4, abrimos unha enorme cabaza pola metade e fuchicamos nela con tódolos trebellos que puidemos e coas mans ata que fomos quen de deixala sen a carne e mailas pébidas. Miramos como pesaba, como ulía e tocámola todo o que puidemos, pasando un bo tempiño de xogo e aprendizaxe con ela.
O día seguinte puxémonos xa mans á obra, cumplindo coa tradición. Despois de observar ben as cabazas que tiñamos e acordar como facer con cada unha, metimos as mans e gozamos co tacto das cabazas .Damos grazas ás familias polas moitas que nos mandastes! Cando rematamos so desexábamos que chegase a mañá do venres para poder ve-las xa encendidas!.
Ningún comentario:
Publicar un comentario