Con esta sesión, chegamos ao remate dos obradoiros dos sentidos e non
podíamos finalizar sen xogar coa vista.
Nesta sesión puidemos ver cómo era un ollo por dentro, fixemos xogos nos
que só empregamos a vista (recoñecendo formas xeométricas, cores, cantidades...) descubrimos, coa axuda da maxia e cos ollos pechados, que
figura desaparecera.
Tamén descubrimos que os ollos ás veces engánanse un pouco cando lles presentamos ilusións ópticas.
Xa, para rematar, tivemos unha sorpresa na que era fundamental estar ás escuras, porque a profe Sonia sorprendeunos cunha caixa de luz. Unha caixa e uns aros de cores cos que xogamos a facer letras, formas,
números, nomes, debuxos...
Como vistes desfrutamos un montón!
Ningún comentario:
Publicar un comentario