Foi moi divertido e fixémolo
fenomenal!!!
mércores, 7 de marzo de 2018
2º OBRADOIRO MANIPULACIÓN E EXPLORACIÓN: O OÍDO
Cada semana os peixiños aprendemos moitas cousas no obradoiro dos sentidos. Nesta segunda sesión podedes ver cómo traballamos o sentido do oido. Primeiro, coa axuda da profe Sonia, ollamos unhas imaxes que explicaban como é un oído por dentro e despois xogamos
con diferentes animais. Identificámolos, reproducimos o seu son e, por último, xogamos a facerlles compañía porque estaban moi sós. Así que decidimos correr onda o animal que nos chamaba pondo a traballar a nosa agudeza auditiva.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario