Ademais do que xa tedes visto nas outras entradas, este trimestre comezou a rolar polas casas A MOCHILA VIAXEIRA, ademáis das súas compañeiras a BOLSA DE ENREDOS LECTORES e a MALETA DE ENREDOS; máis pequenas, pero non menos importantes en canto ao seu contido. Ámbalas dúas son para entreter á espera mentres non chega a quenda de levar "A mochila", pero ésta é unha espera "activa". Algúns dos nenos e familias que a levaron xa deixaron as súas mensaxes e preferencias no caderno e todos escoitamos encantados o que nos teñen que dicir cando a traen de volta.
Case sen nos dar de conta, chegamos á fin do trimestre, mentres traballabamos nas matemáticas, nas nosas noticias (cadaquen trae a aula e fala daquelo que lle parece interesante), nas nosas pescudas sobre o faro que nos encargou Reilibro...
Á conta da nosa descoberta de que os romanos estiveron nas Illas Cíes comezamos o noso proxecto, pero eso xa volo contaremos no segundo trimestre. Tivemos tempo de axudar aos compis de 3 anos na súa pescuda e fixémolo encantados...por algo somos os maiores!!!
Tamén traballamos nas tarxetas con agasallos lectores e celebramos os últimos cumpreanos có número 5. A partir de agora o número 6 vai se-lo rei.
Pois sí que se nota que son os maiores de Infantil!! Canto traballan e que ben o explican ós pequechos :-)
ResponderEliminar