luns, 21 de decembro de 2015

OS DE 5 ANOS VISITAMOS AO PAXE REAL

Comezaba o mes de decembro cando ún de nós preguntou impaciente...
-Pilar, é hoxe o día que ven o paxe?
- Ufff!!!  aínda tes que agardar un bó cacho!!!
Semellaba moito, pero á fin chegou e puidemos sentarnos canda el a contárlle-los nosos desexos. Todos puxemos cara de anxiños, mesmo os máis rebuldeiros. Menos mal que a profe estaba moi atenta e cando o paxe preguntaba aquilo de... como te portaches? ante o seu "sí" rotundo escoitábase unha toseciña nerviosa...!!
Nos días anteriores preparamos as nosas cartas, engadimos un debuxo para a súas maxestades e metímolas nos sobres agardando poder entregalas. Menos mal que á profe deulle tempo a lles facer unha foto, non sexa que o paxe perda algunha e haxa que volver mandarlla ós Reis.
Déixovos ver algunhas delas...das que quedaron mais clariñas de entender. En outras os Reis terán que facer un grande esforzo de tradución, ainda que de seguro non se trabucarán ao preparar os nosos agasallos.







Quere unha batería!









2 comentarios:

  1. En verdade, menos mal que os Reis son 'Magos', porque se non... ;-)

    ResponderEliminar
  2. Grazas Pilar polas fotos, unha sorte que o paxe pasara polo cole!!!

    ResponderEliminar