mércores, 25 de marzo de 2015

COLORIN POETA

Colorin -o mouchiño do mes de Marzo- invitounos hai algunhas semanas a facer poesías. Quería que lle fixeramos uns pareados para celebrar a entrada da primavera e o día da Poesía que cadra no 21 de Marzo. Coma sempre entusiasmámonos coa súa petición e puxémonos en tódalas aulas de infantil a intentar rimar palabras  e a ver que podiamos facer Hoxe por fin saimos, canda os nosos compañeiros de primaria, ao patio. Semellaba que ía menos vento e non ía chover e puidemos deixar no patio ás nosas rimas para Colorín e para todos o que quixeron lelas.

3 comentarios:

  1. Preciosa iniciación á poesía para os máis cativos!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ademais foi algo para o que non houbo que motivalos moito. Colorín propuxo e lanzáronse en prancha, os pequenos mesmo sen saber moito que era aquelo da "poesía". A poesía é un texto que temos "pendente" e que de seguro animaremos a promocionalo mais no vindeiro curso, visto o entusiasmo de pequenos en maiores. O certo é que grazas aos mouchiños todo está resultando doado...e todos agardan impacientes que nos pedirá o mouchiño de abril. Os de catro xa comentaron na biblio que había mouchiños que ainda non pediran nada...a ver que pasaba! Xa os teñen localizados.

      Eliminar
    2. A verdade é que con tirar un pouco do fío, eles arrancan que da gusto! :-)

      Eliminar