Os de 4 estivemos traballando unha mañá enteiriña para Moucholibro e quedounos un relato moi terrorífico. Esta era unha das palabras que nos deu na biblioteca. Xa noutra entrada anterior ou no blog de A guieira témosvos contado en que consitía esta actividade na que nos enrolamos.Como somos moitos e ainda pequenos pedímoslle mais palabras e deunos tamén OSCURIDAD, VAMPIRO, MONSTRUO E TRUENO. Cando estabamos a piques de rematar o relato pareceunos que quedaba "coxo" se non saía un esquelete; así que, ante a insistencia de Paula, tivemos que ir por unha última palabra. Despois fixemos os debuxos e a profe montou o texto e as nosas imaxes para poder entregárllelo ao Moucho e metelo no arquivador que lle preparamos. Nós escribíramos o relato nun papel moi grande de embalar coma sempre facemos e aí se montou o problema. Ainda hoxe non somos quen de entender por que a profe non colle ese papelón e lévallo así á biblioteca. Daquela cada tanto alguén pregunta...Pilar, cando lle levamos o relato a Moucholibro? Seica non sabemos aínda que o Moucho xa o leu e gustoulle moitísimo. Vai ser mellor que nos mande unha mensaxe.
Era un conto de medo pero eu... ¡fartei a rir! Surrealismo en estado puro ;-)
ResponderEliminar