Hoxe é o día!... Despois de
moito intentalo, por fin temos un oco para botar de novo a andar este blog e
contarvos polo miudiño as cousiñas que van ir construindo esta nova andaina.
Comecemos polas
novidades. Como todo o mundo sabe os que antes eramos de 3 anos xa somos de 4 e o primeiro que fixemos no cole foi aprender
os hábitos de ser maiores…temos que escoitar mais, falar mellor, pensar mais,
facer todo con mais coidado e concentrármonos mais no traballo.
Temos profes novas, ás que xa queremos moito; pero botamos moito de menos a Paloma. Nas nosas conversas sempre temos algo que dicir do ben que estabamos con ela.
Temos profes novas, ás que xa queremos moito; pero botamos moito de menos a Paloma. Nas nosas conversas sempre temos algo que dicir do ben que estabamos con ela.
Tamen temos un tempiño de xogar sós cos xogos matemáticos e de lermos sós, sen que a profe nos
conte os contos. Xa o faciamos o curso pasado, pero agora facémolo tódolos días
á mesma hora, segundo rematamos os nosos tentempés antes de irmos ao recreo. Encántanos
facelo e sobre todo lerlle ós demais. Non lle podemos chamar lectura “silandeira”,
porque de feito montamos moito barullo lendo en alto cada quen o seu conto,
contándoo o mesmiño que o conta a profe e rindo e emocionándonos coas imaxes
que vemos. Tamén estamos a traer contos da casa para compartilos cos nosos
amigos.
¡Da gusto ver ós nenos desta clase! Sempre ´dándoo todo' en cada actividade :-)
ResponderEliminar