Por fin este longo proxecto está piques de chegar ao final. Faltan uns pequenos detalles como rematar de montar a nosa horta de "plastilina e outros materiais" e explicarlle a tódolos compis do cole o que temos traballado ao longo do curso. Ainda que ao mellor xa o mirastes no noso blogue de biblioteca, e este luns colocáremolo na entrada do cole, deixámosvos aquí a versión dixital do noso libro sobre "os cultivos de Galicia" para que vexades todo o que fixemos os de infantil e de paso as outras clases de primaria. No blog da biblio e do proxecto documental tedes a información completa da chea de traballo que hai detrás destas "poucas" páxinas.
Fermoso...¡Cánto traballaron!
ResponderEliminarEstupendo!
ResponderEliminarUn compendio de tradición, implicación, colaboración e "en galego".
Graciñas!